• Alberte Montes no bar O Retorno da Rúa maña vernes 13 ás 23.30 horas

O coñecido actor e humorista de Anguieiros pero nacido en terras Valdeorresas volve á Rúa para presentar o seu renovado espectáculo de monólogos: “Albertadas”.  Alberte é un dos moologuistas con máis proxección de Galicia, conseguindo en menos de 2 anos gravar xa 2 monólogos co canal COMEDY CENTRAL. No apartado audiovisual un dos seus últimos traballos foi a participación na longametraxe de Iciar Bollaín “El Olivo”.

Cartel

Cartel

Alberte Montes

Alberte Montes

ALBERTADAS,  así é como chamaban os compañeiros de Alberte ás improvisadas que este se marcaba no escenario no seu primeiro grupo de teatro. É unha práctica á que lle colleu agarimo e que non abandonou xamais. Amigo de pintar saíndose das liñas, de camiñar ó marxe do rabaño, Alberte ofrece no seu espectáculo un monólogo fresco, orixinal e disparatado. Máis dunha hora de risas onde se mesturan historias cotiás con surrealismoverdade conesaxeracióndestripada actualidade con chistes malos… Un cóctel perfecto de diversión tola.
Un show explosivo, cargado de enerxía, adrenalina e humor.

ALBERTE MONTES 
Alberte é actor, guionista, director, locutor… e di a súa nai que non fai nada. Formouse como actor no Estudi Nancy Tuñón i Jordi Oliver de Barcelona ao mesmo tempo que ampliaba os seus recursos actorais en distintos cursos de expresión corporal, voz, clown ou loita escénica. A súa xuventude non ten sido atranco algún para que atesoure xa unha dilatada experiencia en teatro profesional, infantil e de rúa. Traballou en compañías como Furafollas ou Teatre Obligatori e a nivel individual representou varios espectáculos en varios teatros de Barcelona (Teatreneu, Teatre Llantiol…). No terreo audiovisual participou nunha ducia de curtametraxes, algunha delas premiada a nivel nacional (“2OS”) e recentemente nas longametraxes REC (4) e “El olivo” de Iciar Bollaín. Ten colaborado tamén en programas televisivos da produtora El Terrat como “Salvados”, “Buenas noches y Buenafuente” ou “En el Aire” e noutros da TVG (Televisión de Galicia). Ten feito spots publicitarios como o da coñecida aplicación “Catarrator” para a marca Frenadol ou recentemente o de “Cero Comisións” para a entidade ABANCA. Leva máis de 8 anos como monologuista por salas de toda España e ten xa dous monólogos gravados en Comedy Central.