Adxudicación das obras que mellorarán o Polígono Industrial do Reboredo de Monforte

  • O Alcalde anuncia a adxudicación das obras que mellorarán o Polígono Industrial do Reboredo, e a Travesía da rúa Ourense á estrada de A Vide
  • José Tomé Roca, trala celebración da mesa de contratación que tivo lugar na mañá de onte, deu a coñecer a adxudicación destes dous proxectos de mellora de infraestruturas viarias, ”que suporán unha inversión certamente relevante ó destinar para ambas actuacións máis de 135.000 euros”
  • As obras no Polígono Industrial do Reboredo consistirán na rexeneración do firme de 3 rúas e outras actuacións de mellora, como a reparación de beirarrúas, e abarcarán unha superficie de 8.922 m². Foron adxudicadas á empresa Probisa Vías y Obras S.L.U., por un importe de 84.796,80 euros
  • Por outra banda, as obras na travesía da rúa Ourense á estrada de A Vide suporán unha mellora significativa do firme e abranguerán unha lonxitude de 1,5 quilómetros. A empresa adxudicataria desta actuación foi OPAGA 003 S.L., por un importe que ascende a 50.502,51 euros

 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar, trala proposta da mesa de contratación que se celebrou na mañá de onte, “a adxudicación de dúas importantes obras de mellora de infraestruturas viarias que suporán unha inversión certamente relevante na nosa cidade, ó destinar para ambas actuacións máis de 135.000 euros”, sinalou o rexedor municipal.

Dunha banda, a empresa Probisa Vías y Obras S.L.U., foi a adxudicataria do proxecto de mellora de tres infraestruturas viarias do Polígono Industrial do Reboredo, por un importe de 84.796,80 euros.

En concreto, estas actuacións levaranse a cabo sobre o segundo treito da rúa nº 1, e as rúas nº 2 e nº 3, que actualmente presentan un estado de deterioro considerable. Do mesmo xeito, tamén se acometerán accións de mellora nas beirarrúas deste área.

Con esta actuación, dende o Equipo de Goberno do Concello “dámoslle continuidade o programa de melloras en infraestruturas urbanas en Monforte e actuamos especialmente sobre unha zona, o Polígono Industrial do Reboredo, na que facía tempo que non se levaban a cabo actuacións deste calibre. Unicamente, dende que eu son Alcalde, levamos a cabo a mellora do treito inicial da rúa nº 1 e puxo unha nova iluminación en todo o Polígono”, sinalou Tomé Roca.

Por outra banda, o Alcalde tamén anunciou a adxudicación doutra obra importante que suporá a mellora da travesía da rúa Ourense á estrada de A Vide. Neste caso, a empresa adxudicataria foi OPAGA 003 S.L., por un importe que ascende a 50.502,51 euros. As obras nesta travesía consistirán na rexeneración do firme de dita vía e outras actuacións significativas, que abarcarán unha lonxitude de 1,5 quilómetros. 

Importantes traballos de mellora no Polígono Industrial do Reboredo

As actuacións que dende o Equipo de Goberno do Concello se consideraron necesarias para a mellora de infraestruturas no Polígono Industrial do Reboredo consisten na rexeneración do firme de tres rúas de dito polígono, en concreto o segundo tramo da rúa 1 e as rúas 2 e 3 completas. Os tramos sobre os que se levarán a cabo as melloras suman un total de 8.922 m². Tamén se levará a cabo a reparación das beirarrúas correspondentes a este área.

Estas 3 rúas obxecto deste proxecto de mellora, presentan un estado moi deficiente, con numerosas fochancas, roturas de pavimento e desniveis, polo que dende o Concello considerouse necesario levar a cabo a rexeneración do seu firme.

A rexeneración do seu firme consistirá na aplicación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente de 4 cm. de espesor, aplicado directamente sobre o pavimento actual en toda a zona excepto nas zonas de acometida coas rúas colindantes e os accesos ás parcelas, en que se procederá ó fresado previo do firme actual.

As actuacións que se levarán a cabo nas citadas rúas do Polígono Industrial do Reboredo son as  seguintes:

  • En primeiro lugar, procederase ó fresado do firme ata unha profundidade de 4 cm. de espesor nas zonas en que é preciso (intersección con outras vías e acceso ás parcelas).
  • Así mesmo, procederase á demolición de solera de formigón nas zonas de fresado nas que existe formigón, no acceso a algunhas parcelas.
  • Tamén se demolerán os bordiños de formigón en dúas zonas de aparcamentos. Onde sexa necesario, procederase ó corte do formigón nos accesos a algunhas parcelas para facilitar a aplicación do novo pavimento.
  • Una vez rematada a demolición, procederase ó barrido do firme das zonas afectadas, por medios mecánicos, que consistirá nunha limpeza enérxica da superficie do pavimento existente mediante cepillo de arame.
  • Posteriormente, nas tres rúas previstas, procederase a aplicar a nova capa de rodadura, consistente nunha capa de aglomerado en quente, tipo D-12, de 4 cm. de espesor. Esta acción incluirá o rego de adherencia e o bacheo previo nas zonas en que sexa necesario.
  • Una vez rematada la colocación del pavimento novo, procederase ó recalce ou levantado de tapas de pozos, arquetas, sumidoiros, rexiñas e demais elementos existentes nas calzadas, ata o novo nivel do pavimento.
  • Do mesmo xeito, procederase á limpeza e reparación dunha arqueta existente que está moi deteriorada.
  • Por último, unha vez terminada a colocación da nova capa de aglomerado, procederase ó pintado da vía, coa marcaxe das liñas, cebreados e símbolos horizontais correspondentes, con pintura reflexiva e microesferas de vidro.

Melloras ofertadas por Probisa Vías y Obras S.L.U. para a actuación no Polígono Industrial do Reboredo

A Mesa de Contratación, tras analizar as 7 ofertas de licitación presentadas, resolveu á adxudicación á empresa Probisa Vías y Obras S.L.U.  para o proxecto de mellora de 3 rúas do Polígono Industrial do Reboredo, dacordo cos seguintes parámetros:

  • Ampliación do prazo de garantía obrigatoria dun ano por outro a maiores, incluíndo póliza todo risco.
  • Reparación de beirarrúas, que inclúe o levantado de bordiños das beirarrúas deterioradas, así como a súa reparación e a construción de vados accesibles nos pasos de cebra.
  • Subministro e colocación de 11 unidades de hidrantes contra incendios, 10 con dúas saídas de 70 mm e 1 con saída de 100 mm.

Obras de mellora da travesía da rúa Ourense á estrada de A Vide

Este proxecto contempla as obras e actuacións necesarias para a mellora da Travesía da rúa Ourense á estrada da Vide, e que consistirán na rexeneración do firme da vía e outras actuacións que abarcarán unha lonxitude de 1,5 quilómetros.

Esta estrada, que comunica a antiga Nacional 120 coa estrada de A Vide, alcanza niveis importantes de tráfico rodado, e permite non entrar á cidade para comunicar a rúa Ourense (antiga N-120) coa saída cara o cemiterio ou a parroquia de A Vide, mellorando polo tanto unha vía cada vez máis necesaria para o uso de todos os veciños e veciñas de Monforte.

Ademais da mellora do pavimento desta travesía, tamén se vai mellorar a sinalización no cruce coa estrada de A Vide, onde se teñen producido varios accidentes, tratando de minimizar así o risco a través da mellora da sinalización de dito cruce, para a seguridade de todos os condutores.

Deste xeito, a travesía da rúa Ourense que se inclúe neste proxecto presenta un firme asfáltico con numerosas irregularidades e baches, polo que nela, realizaranse as seguintes actuacións:

  • En primeiro lugar procederase ao varrido do firme as zonas afectadas, por medios mecánicos, actuacións que consistirán nunha limpeza enérxica da superficie do pavimento existente mediante cepillo de arame.
  • Posteriormente, en toda a calzada, procederase a aplicar a nova capa de rodadura, consistente nunha capa de aglomerado en quente, tipo D-12, de 4 cm. de espesor. Incluirá o rego de adherencia e o bacheo previo nas zonas en que sexa necesario.
  • No cruce coa estrada de A Vide, en ambos lados, realizaranse dous redutores de velocidade tipo Lombo de Asno.
  • Así mesmo, no mesmo cruce da estrada de A Vide, así como no cruce coa estrada de Ourense, colocaranse tres sinales de Stop de 90 cm.
  • Para rematar, na calzada, unha vez terminada a colocación da nova capa de aglomerado, procederase ó pintado da vía, coa marcaxe das liñas, cebreados e símbolos correspondentes, con pintura reflexiva e microesferas de vidro.

Melloras ofertadas por OPAGA 003 S.L. para a actuación travesía da rúa Ourense á estrada de A Vide

A Mesa de Contratación, tras analizar as 8 ofertas de licitación presentadas, resolveu á adxudicación á empresa OPAGA 003 S.L. para o proxecto de mellora da travesía da rúa Ourense á estrada de A Vide, dacordo cos seguintes parámetros:

  • Baixada dun 13,76% sobre o prezo inicial de licitación.
  • Ampliación do prazo de garantía obrigatoria dun ano por outro a maiores, incluíndo póliza todo risco.