Activo un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Chaguazoso

Foto Archivo

Foto Archivo

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa dun incendio forestal activo arestora no municipio ourensán de Vilariño de Conso, na parroquia de Chaguazoso.

O lume iniciouse ás 23:49 horas de onte, segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de arredor de 50 hectáreas de monte raso. Nos traballos de control deste incendio participan 5 axentes forestais e 13 brigadas.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

También te podría gustar...