A Xunta busca incrementar as relacións empresariais entre Galicia e Brasil

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, e o secretario de Estado da Casa Civil do Goberno de Río de Janeiro, Leonardo Espíndola

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, e o secretario de Estado da Casa Civil do Goberno de Río de Janeiro, Leonardo Espíndola

A Xunta busca incrementar as relacións empresariais entre Galicia e Brasil mediante un protocolo de colaboración co Estado de Rio de Janeiro.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, impulsou un acordo co Goberno do Estado de Río de Janeiro para dinamizar as relacións comerciais, e mantivo hoxe un encontro con empresarios de orixe galega asentados neste mercado.

Un total de 288 empresas galegas exportaron o pasado ano a Brasil, un 17% máis que no exercicio anterior, e Aguilera salienta a misión comercial en marcha como chave para incrementar a presenza galega no país sudamericano.

O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, Javier Aguilera, e o secretario de Estado da Casa Civil do Goberno de Río de Janeiro, Leonardo Espíndola, acordaron hoxe impulsar un protocolo de colaboración destinado a estimular e incrementar as relacións empresariais entre Galicia e esta rexión do Brasil.

En concreto, o acordo apunta que os gobernos de Río de Janeiro e de Galicia comprométense a colaborar, conxuntamente co Goberno federal e coas seccións económicas e comerciais das embaixadas e consulados españois e brasileiros, nas accións orientadas a dinamizar as relacións económicas e empresariais entre ambas partes. Con este obxectivo, se elaborará un plan de traballo anual composto por iniciativas para o fomento dos negocios entre as dúas rexións.

También te podría gustar...