Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13A Xunta de Galicia destinará este ano 1,5 millóns de euros a axudas para a rehabilitación de edificios de vivendas dentro do programa de rehabilitación edificatoria do plan de alugueiro e rehabilitación 2013-2016, tal como establece a Orde que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150721/AnuncioCA02-140715-0013_gl.html) e pola que e regulan estas axudas e se convocan para 2015.

Os interesados disporán ata o 21 de agosto para presentar as solicitudes.

As subvencións reguladas por esta Orde están destinadas a cubrir parte dos gastos da realización de actuacións de rehabilitación, consistentes na execución de obras e traballos de mantemento e intervención nas instalacións fixas e equipamento propio, nos elementos e espazos comúns, en edificios de tipoloxía residencial colectiva que cumpran os requisitos establecidos no plan de alugueiro e rehabilitación:

a) Estar finalizados antes de 1981.
b) Polo lo menos o 70% da súa superficie construída sobre rasante teña uso residencial.
c) Polo menos o 70% das vivendas constitúan o domicilio habitual das persoas propietarias ou arrendatarias.

Poderán aceptarse excepcións no caso de edificios que presenten graves danos estruturais ou doutro tipo, ou que se destinen na súa totalidade ao alugueiro, durante polo menos 10 anos a contar dende a recepción da axuda.

Beneficiarios e contía
Poderán beneficiarse destas axudas as comunidades de propietarios e as agrupacións de comunidades de propietarios, así como as persoas físicas que sexan propietarias únicas dun edificio de carácter predominantemente residencial.

A contía máxima das subvencións a conceder por edificio non poderá superar o importe de 11.000 euros por cada vivenda e a mesmo importe por cada 100 metros cadrados de superficie útil de local. Dita cantidade será de 12.100 euros cando se trate de edificios declarados bens de interese cultural, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente. Ao mesmo tempo, a axuda máxima non poderá ser superior ao 35 por cento do importe total da actuación, excepto no caso de actuacións de mellora da accesibilidade, no que poderá chegar ao 50 por cento.