A Xunta anuncia a convocatoria de 1.163 prazas de emprego público este ano, catro veces máis que na OEP de 2014

xunta-de-galicia-300x135O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, en materia de Función Pública, cales serán as ofertas de emprego público para este ano 2015 das consellerías de Facenda, Sanidade e Educación; unha convocatoria de emprego público que con 1.163 novas prazas este ano -precisou- vai multiplicar por catro as ofertadas respecto a 2014, e será “a maior oferta de emprego público desde o ano 2009”.

Máis polo miúdo, e logo de lembrar que o pasado ano se aprobou unha convocatoria de case 275 prazas, Feijóo explicou que das 1.163 novas prazas para 2015, 446 se corresponden con persoal docente, 344 serán para persoal sanitario, e 373 para persoal da Administración xeral. En próximas datas, agregou, concretaranse por sectores e especialidades como van ser distribuídas, unha vez se negocien cos sindicatos.

No caso das 446 prazas de Educación, o responsable do Goberno galego subliñou que a proposta da Xunta é que 432 sexan para o corpo de mestres e 14 para Inspección Educativa. Canto ás 373 prazas da Administración xeral, explicou que 265 serán de quenda libre e 108 de promoción interna. Esta oferta comprenderá, entre outras, áreas como a loita contra a fraude fiscal, o asesoramento xurídico, a informática, os gardacostas, as ensinanzas náuticas, a veterinaria, a inspección urbanística ou os axentes ambientais. Por outra banda, no tocante á oferta de emprego no servizo Galego de Saúde, indicou que será de 344 prazas, a maioría destinadas a persoas facultativo e de enfermaría.

Feijóo garantiu o compromiso do Goberno galego cunha Administración Pública ben dimensionada, moderna e eficaz, e con ese obxectivo -dixo- a Xunta aprobou a Lei de Emprego Público; está a facilitar a mobilidade dos funcionarios impulsando concursos de traslados e implantando, por primeira vez na comunidade autónoma, o teletraballo; e convoca novas prazas de emprego público, como as previstas para este ano 2015.

También te podría gustar...