A Policía Autonómica identificou 73 persoas esta fin de semana na provincia de Ourense

  • Nos controis de medidas ante a Covid-19
  • Realizáronse 26 dispositivos, que se enmarcan no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19, no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias

 

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana 26 dispositivos na provincia de Ourense no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 34 inspeccións en 9 concellos da provincia na pasada fin de semana, con 73 identificacións e a tramitación de 8 denuncias.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 27 ao 29 de novembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo 26 dispositivos nos municipios de Bande, Calvos de Randín, Muíños, Ourense, Riós, A Rúa, San Cibrao das Viñas, Vilardevós e Xinzo de Limia.

No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 35 concellos, nos que que se rexistraron 115 operativos cun total de 121 inspeccións, con máis de 324 persoas identificadas e 50 denuncias tramitadas.

Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

Durante os operativos, os axentes  controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

También te podría gustar...