1 2015 MB e AP

 

A ministra de Fomento, Ana Pastor, participou onte no Foro “Ourense nova velocidade”, no que se analizou o papel do AVE como transformador e dinamizador de territorios, e a importancia que a alta velocidade ten para a provincia de Ourense. No acto, que tivo lugar no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense, Ana Pastor foi presentada polo presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, quen destacou de Ana Pastor a súa xestión “porque e unha persoa que fai o que di e que cumpre”, e tamén a súa proximidade coa xente “porque Ana Pastor está sempre”.

Baltar subliñou que a ministra “coñece perfectamente as necesidades de Ourense e representa a un ministerio que leva varios orzamentos considerando a Ourense como a provincia de España con maior investimento” e que vai ser recordada como “a ministra que fixo chegar a Alta Velocidade a Galicia entrando por Ourense”. “Ana Pastor fala no BOE, é a ministra das contas non dos contos –dixo Manuel Baltar-, e é unha persoa en quen confiar, que hai só tres meses estivo en Ourense visitando as obras do AVE e que permanece atenta a todas as reivindicacións que fai esta provincia, as cales teranse en conta sempre que sexan planificadas, previsibles e feitas con raciocinio”, ademais de destacar que Ana Pastor “impulsará cuestiones tan importantes como el termalismo”.

Pola súa banda, Ana Pastor confirmou que a chegada da Alta Velocidade “conforme aos prazos establecido”, en 2018, xunto coa creación da estación intermodal de Ourense, un proxecto que agarda fructifique nun cnvenio entre as diferentes administracións.

Antes da súa participación no foro, Ana Pastor visitou a cidade de Ourense, durante a cal percorreu as instalacións da remodelada praza de abastos do barrio da Ponte

Do investimento para o AVE nesta lexislatura, Ana Pastor destacadou que superará os 14.245 millóns de euros na Alta Velocidade, e con respecto ás obras do AVE a Galicia dixo que a intención “é que os traballos vaian o máis rápido posible porque hai presuposto suficiente para executalos”, e remarcou que “investir no AVE é investir en progreso”.

O orzamento total para a liña de Alta Velocidad Olmedo-Zamora-Lubián-Ourense-Vigo ascende nesta lexislatura a máis de 3.500 millóns de euros. Segundo Fomento, a Alta Velocidade chegará a Zamora en 2015 e iso suporá unha mellora de 30 minutos nos tempos da viaxe entre Madrid e Galicia.