A directora xeral de Conservación da Natureza resalta o traballo da Xunta a prol da mellor xestión ambiental dos terreos agrarios co proxecto innovador ‘Life Rexenera Limia’

Francisco Marín, Manuel Baltar e Antonio Pérez.

A directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, participou hoxe presentación do proxecto innovador “Life Rexenera Limia”, onde destacou que o traballo da Xunta de Galicia a prol da mellor xestión ambiental dos terreos agrarios. Tellado salientou que a Consellería de Medio Ambiente investirá máis de 127.000 euros en accións concretas no marco desta iniciativa na que participan tamén a Deputación de Ourense, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e distintas empresas.

Neste acto, no que estivo acompañada polo presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín; e o alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, ademais de representantes das empresas colaboradoras; resaltou que esta asociación é un “auténtico exemplo de colaboración entre distintas administracións e empresas, para a posta en marcha dun proxecto innovador, cun claro obxectivo ambiental”.

Tellado explicou que é un proxecto que demostrará que é posible unha mellor xestión ambiental dos terreos agrarios, tanto no que se refire á xestión dos fertilizantes como ás augas residuais procedentes de xurros de porcino, que poden ser tratadas con tecnoloxías brandas para o medio”.

Medidas a traballar

A responsable da Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente resaltou que ”a participación da Xunta de Galicia levarase a cabo a través de varias accións concretas nas” que a Dirección Xeral da Conservación da Natureza xa está a traballar:

– Recuperación e rehabilitación de canles fluviais modificadas para a mellora da capacidade de retención e asimilación de nutrientes, que potencie a capacidade de depuración do curso fluvial; e mellora da calidade da auga, unha actuación que permitirá contribuír a recuperar a superficie húmida e a canle orixinal na zona de especial conservación Veiga de Ponteliñares, incluída na rede natura 2000.

– O proxecto piloto no Canal da Lagoa de Antela para a restauración de charcas areeiras de antigas explotacións mineiras de extracción de area e a súa integración no ciclo hidrolóxico do canal, para a súa reconversión nun sistema lagunar que potencie a capacidade de depuración do curso fluvial.

Por último, Tellado subliñou que “co optimismo e a seguridade de que esta comarca poida manter o liderado en produción agrogandeira evitando prexuízos ao medio natural, traballaremos activamente para que o proxecto sexa todo un éxito”.