A Deputación de Ourense aproba axudas para infraestruturas culturais e deportivas dos concellos de Valdeorras por máis de 65.000 euros

Paseo de O Malecón en el Barco de Valdeorras

 

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a concesión de subvencións en concorrencia competitiva en materia deportiva para 64 municipios e cultural para 49 por importe de 600.000 euros, entre os que se atopan varias que pertencen a concellos de Valdeorras como son as seguintes:

En infraestruturas deportivas

  • Concello da Veiga, para a execución do proxecto “Construción de instalacións naútico-deportivas na Veiga, Fase I”, 8.246,28 €.
  • Concello da Rúa de Valdeorras, para a execución do proxecto “Acondicionamento de pistas de tenis en O Aguillón”, 1.698,44 €.
  • Concello da Rúa de Valdeorras, para a execución do proxecto “Cerramento en bancadas campo de fútbol O Aguillón”, 1.017,92 €.
  • Concello de Larouco, para a execución do proxecto “Peche de pista polideportiva en Freixido”, 8.040,41 €.
  • Concello de Rubiá, para a execución do proxecto “Acondicionamento de aseos no polideportivo de Rubiá”, 2.567,67 €.
  • Concello de Vilamartín de Valdeorras, para a execución do proxecto “Substitución de canalóns e baixantes no pavillón polideportivo de O Bañadoiro”, 2.035,84 €.
  • Concello de Carballeda de Valdeorras, para a execución do proxecto “Renovación de pavimento en zona de baño das piscinas municipais de Sobradelo”, 5.215,40 €.
  • Concello de Petín, para a execución do proxecto “Peche de pista de tenis en Petín”, 4.449,10 €.

En infraestruturas culturais 

  • Concello do Barco de Valdeorras, para a execución do proxecto “Investimento en infraestruturas culturais”  4.202,32 €.
  • Concello da Veiga, para a execución do proxecto “Rehabilitación de antiga casa escola para aula cultural no Toural” 20.495,29 €.
  • Concello de Rubiá, para a execución do proxecto “Acondicionamento do local socio-cultural de Sobredo 2.333,03 €.
  • Concello da Rúa de Valdeorras, para a execución do proxecto “Infraestruturas culturais” 7.219,01 €.

También te podría gustar...