A consellería pecha o colexio de Calvos de Randín e diminue 5 unidades de infantil e 2 de primaria na provincia de Ourense

CCOO EnsinoIsto supón un aumento do 200% co respecto do recorte de unidades aplicado pola consellería de educación no curso 14-15.

A medida tamén afectará o profesorado cunha redución de 9 mestres que se sumarán os 2500 postos de docentes non universitarios que se levan perdido en Galicia nos últimos catro anos.

ANO 2014 PERDA PROFESORADO →  5 docentes de infantil e 1 de primaria.

ANO 2015 PERDA PROFESORADO → 5 docentes de infantil e 5 de primaria (No computo total gáñase a maiores 1 docente da especialidade de inglés). Polo tanto, a perda total é de 9 docentes.

CCOO Ensino manifesta súa preocupación nos peches encubertos de 3 centros, Casaio, A Veiga e Xunqueira de Espadañado. Centros, no que se elimina a única unidade de infantil que levará o agrupamento de alumnos/as de 3 anos con alumnos/as de ate 12 anos, unha medida que consideramos antipedagógica.

CCOO Ensino denuncia que a consellería está a tomar decisións unilaterais e economicistas, sen ter en conta criterios socio-económicos ou pedagóxicos a hora de pechar un centro ou agrupar alumnado de diferentes idades derivadas da eliminación de unidades.

CCOO Ensino Ourense non acepta o catálogo de centros para o curso 15-16 e tomará nos vindeiros días as medidas oportunas para intentar minimizar a liquidación feita pola consellería no día de hoxe.

CCOO Ensino reclama que a consellería aplique o acordo de agrupamentos asinado por ela mesma e as OOSS no ano 2009 e deixe de desmantelar o ensino rural arbitrariamente.

CCOO Ensino Ourense considera que a Consellería esta obrigada a garantir a mesma calidade educativa nas cidades que no rural.