image_gallery (1)

 
A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, destacou na súa visita ás obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que dende que se iniciaron as obras no mes de xuño do pasado ano, xa está construído máis do 70% da superficie do novo edificio.

De acordo co proxecto, esta primeira fase dos traballos afecta ao Bloque de Hospitalización, que quedará concentrado nun único edificio fronte aos tres actuais, ben comunicado coas áreas de urxencias, consultas, probas diagnósticas e quirófanos. Na primeira fase tamén se creará unha área de servizos xerais (con cociña, mantemento, vestiarios, zona de residuos, mortuorios e almacéns), unha área de docencia e investigación, e unha área de aparcadoiro articulado en tres andares con arredor de 700 prazas, das cales 570 serán de uso público e 127 para persoal do complexo.

No mes de xullo, finalizarase a estrutura do andar 7, cumprindo así cos requerimentos dos fondos europeos, segundo anunciou a conselleira de Sanidade. Rocío Mosquera lembrou que coa obra de ampliación, o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ocupará unha superficie total construída de 52.000 m2, dos que máis de 24.000 m2 corresponden á área de hospitalización. É dicir, “o ratio de incremento superficie do hospital será de máis dun 61% respecto do estado actual”, afirmou Mosquera.

A obra foi adxudicada en febreiro de 2014 por un importe de máis de 41 millóns de euros, segundo lembrou a titular de Sanidade durante a visita ás obras na que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez González, e a xerente de X.I. de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, Eloína Núñez Masid

En concreto, durante estes meses de actuación, “procedeuse á apertura dun novo vial de acceso ao heliporto e á instalación de dous módulos provisionais para o persoal, que acollen aos Servizos de Aprovisionamentos, Contabilidade, Calidade, Investigación, Docencia, Subdirección de Sistemas de Información, Fundación Biomédica Galicia Sur, Xestión de Axendas e Servizo Técnicos de Obras” afirmou Mosquera Álvarez.

Tamén esta rematado un aparcadoiro de persoal, e instaláronse os módulos da zona de administración e dirección de obras e o derribo do Edificio Administrativo. Ademáis, se procedeu ao derribo do edificio administrativo e as actuacións relacionadas co traslado da Central de Gases;e a apertura dunha nova entrada na fachada sur.