A conselleira de Sanidade informa de todas as medidas postas en marcha polo seu departamento fronte ao virus do ébola

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, informou hoxe, no Pleno do Parlamento de Galicia, das medidas postas en marcha polo seu departamento en relación ao virus do ébola.  Autor: Xoán Crepo

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, informou hoxe, no Pleno do Parlamento de Galicia, das medidas postas en marcha polo seu departamento en relación ao virus do ébola.
Autor: Xoán Crepo

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, informou onte, no Pleno do Parlamento de Galicia, das medidas postas en marcha polo seu departamento en relación ao virus do ébola, onde destacou que “a nosa comunidade segue, desde o primeiro día, as recomendacións dos organismos internacionais, informando á cidadanía e aos profesionais, e mediante a elaboración dun protocolo de actuación, en coordinación co Ministerio de Sanidade e as demais comunidades autónomas”.

A conselleira sinalou que a súa primeira versión estivo dispoñible desde abril na web do Sergas e actualízase periodicamente. O obxectivo deste protocolo é, dixo, “garantir a detección e o diagnóstico precoz dun posible caso co fin de adoptar, de xeito inmediato, as medidas de control axeitadas para evitar a aparición de casos secundarios”.

Tamén destacou que a Consellería de Sanidade “está a traballar desde o primeiro día cos profesionais sanitarios, que están a demostrar a súa magnífica formación e extraordinaria capacidade”. Trátase, fundamentalmente, pero non só, de profesionais de enfermidades infecciosas, saúde laboral, medicina preventiva, unidades de coidados intensivos, atención primaria, urxencias e enfermería, baixo a coordinación da Subdirección Xeral de Epidemioloxía, remarcou.

Tal e como informou a titular da carteira sanitaria do Executivo galego, a partir do protocolo xeral de actuación fronte a casos sospeitosos, consensuado no seo da Comisión de Saúde Pública entre o Ministerio de Sanidade, as comunidades autónomas, e as sociedades científicas, “desde a Consellería elaborouse un protocolo específico para os centros de saúde, puntos de atención continuada e hospitais do Sergas, que foi remitido a todas as Estruturas Organizativas de Xestión Integrada o día 20 de agosto, para a súa adaptación ás condicións e características concretas de cada centro”. Ademais, de modo máis específico, Sanidade conta, dixo tamén, con protocolos e información accesible para os profesionais relativa ao manexo dun caso posible/confirmado nos centros sanitarios; envío de mostras ao Centro Nacional de Microbioloxía; manexo de contactos; recomendacións de limpeza, etc. Toda esta documentación púxose a disposición dos profesionais do Sergas a través da intranet.

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, informou hoxe, no Pleno do Parlamento de Galicia, das medidas postas en marcha polo seu departamento en relación ao virus do ébola.Rocío Mosquera detallou, igualmente, os motivos polos que o Hospital do Meixoeiro foi designado centro de referencia para a atención a pacientes con ébola. Así, sinalou que o servizo de Microbioloxía do CHUVI, sito no Meixoeiro, foi referencia para a xestión de mostras microbiolóxicas durante a pandemia da gripe A e continúa a selo na actualidade; que o porto de Vigo foi designado polo Consello de Ministros punto de entrada con capacidade de atención a emerxencias de saúde pública de importancia internacional; e a implicación dos profesionais do servizo de Medicina Preventiva no deseño do Protocolo para o manexo dun posible caso de ébola nun centro sanitario.

Actividades formativas

Desde o pasado mes de setembro, remarcou, “estanse a impartir actividades formativas aos nosos profesionais en todas as Estruturas Organizativas de Xestión Integrada para a súa preparación. As actividades de formación deben estar adecuadas coa maior ou menor probabilidade de contacto cun posible caso”. Ademais, de maneira complementaria, “os profesionais galegos estanse tamén formando actualmente en cursos altamente especializados que imparte o Instituto de Saúde Carlos III, seguindo un programa teórico-práctico cun plan docente homoxéneo para toda España, co fin de dotar os servizos de saúde de expertos no manexo da enfermidade do máximo nivel”.

Xunto ao anterior, a conselleira explicou que o 061 conta cun programa de formación específico que ten por obxecto difundir o protocolo do manexo e control desta enfermidade infecciosa, así como do procedemento de traslado de enfermos con risco potencial de infección polo virus no servizo de urxencias e emerxencias extrahospitalarias do 061.

Asemade, con data 29 de agosto déronse instrucións ás Xerencias de Xestión Integrada do Sergas para a distribución de equipos de protección individual nos distintos centros asistenciais dependentes de cada unha delas, de acordo coas recomendacións recollidas nos protocolos.

Outras medidas postas en marcha

Xunto co anteriormente sinalado, Rocío Mosquera explicou que tamén se creou nos servizos centrais da Consellería e do Sergas a Comisión de Coordinación do ébola para o seguimento das actuacións levadas a cabo en relación a este virus. Así mesmo, o pasado 8 de setembro convocouse á Comisión Central de Seguridade e Saúde a unha reunión extraordinaria na que o único punto do día foi as medidas de protección do persoal do Sergas ante un caso posible ou confirmado de ébola. Tamén o 10 de outubro se convocou a unha nova reunión de dita Comisión na que un dos puntos do día era as actuacións relacionadas coa enfermidade por virus ébola.

Destacou, ademais, que o pasado 9 de outubro constituíuse formalmente, aínda que xa estaba funcionando, un Comité de Seguimento cos distintos coordinadores designados polas Estruturas Organizativas de Xestión Integrada e polo 061. Igualmente, en cada Estrutura Organizativa constituíronse Comisións Técnicas de Coordinación, das que forman parte os responsables de medicina preventiva, saúde laboral e urxencias. Cómpre sinalar, así mesmo, que o 16 de outubro creouse formalmente un Comité Científico, do que forman parte profesionais de recoñecido prestixio neste campo.

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, informou hoxe, no Pleno do Parlamento de Galicia, das medidas postas en marcha polo seu departamento en relación ao virus do ébola.

Responsable, transparente e coordinada

Por todo o exposto queda claro, remarcou Rocío Mosquera, “que a Consellería de Sanidade está cumprindo co seu deber de forma responsable, transparente e coordinada”, polo que lanzou unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía, coa recomendación de que “se alguén que teña estado nos países afectados ou en contacto con casos sospeitosos ou confirmados ten febre, debe chamar ao 061”.

“Temos un sistema sanitario sólido, solvente e seguro. Os nosos protocolos de actuación axústanse aos requirimentos dos organismos internacionais e están adaptados polos nosos profesionais aos nosos centros e circunstancias. Ademais de informar ao conxunto dos nosos cadros de persoal estamos a formar os nosos profesionais en medidas específicas de prevención e control do contaxio. Esta formación axústase á maior ou menor probabilidade de contacto cun posible caso”, en función tamén da actividade e do seu lugar de traballo, destacou.

Para rematar a súa intervención, Mosquera trasladoulle aos profesionais o apoio da Consellería de Sanidade e dela mesma: “traballamos para que dispoñan das medidas de prevención axeitadas e reciban a mellor formación para facer con seguridade o que mellor saben: prestar asistencia de excelencia aos pacientes”.

También te podría gustar...