• O Concello de A Veiga creará un centro de visitantes no espazo natural protexido de ‘Pena Trevinca’, na aldea de montaña de Ponte

 

https://www.facebook.com/-Ponte-A-Veiga-Ourense

https://www.facebook.com/-Ponte-A-Veiga-Ourense–291320169787/

 

O Concello da Veiga ten, entre os seus obxectivos básicos, levar a cabo accións de potenciación de recursos turísticos, polo que, entre as súas prioridades, está a de contribuír á realización de actuacións que impliquen a consecución deste obxectivo. Ademais disto, mellorar a calidade de vida dos seus veciños acondicionando as infraestruturas en mal estado do medio rural.

O concello ven de asinar un convenio coa Axencia Turismo de Galicia que o levará a investir 90.000,00€ subvencionado ao 100%, na aldea de Ponte.No citado convenio realizaranse tres actuacións diferentes:

• Acondicionamento do entorno da antiga Casa Escola de Ponte.

• Rehabilitación da antiga Casa Escola de Ponte.

• Instalación de cartelería informativa.

En total, un investimento de 90.000,00€ nun dos núcleos característicos do municipio, a aldea senlleira de Ponte, situada aos pés de Pena Trevinca.

Nos últimos anos debido aos cambios no estilo de vida e ao acusado descenso demográfico, os elementos de uso comunitario, como é o caso da Casa Escola, acusan desuso e en moitas ocasións o abandono. A falta dun adecuado mantemento, provocou un importante deterioro da Casa Escola, polo que se expón proceder é rehabilitación integral.

Co fin de potenciar os recursos turísticos crearase na Casa Escola un Centro de Visitantes como punto de parada obrigada para os sendeiristas que se acheguen a Pena Trevinca, no que habrá información sobre flora, fauna, as novas sendas que se están a homologar, etc. De igual modo incluíranse elementos como raquetas de neve e un espazo donde sexa punto de encontro dos turistas das nosas montañas.