A bó ritmo a obra do colector de augas residuais no polígono de As Pedreiras

Poligono Industrial As PedreirasUnha das obras que ten o concello de A Rúa nestes intres en marcha que polo seu importe é notable, é a de a instalación do colector de augas residuais no polígono de As Pedreiras, que recollerá estas procedentes da parte superior do polígono de As Pedreiras e trasladalas ó colector xeral que as levará ata Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR).

E non só porque o concello rues quera vender tódalas parcelas desde polígono para a xeración dempregos, senon polo feito que de rematalaobra antes de fin de ano, poderá acollerse ós Fondos da Unión Europea, o que suporía un importante ingreso nas arcas municipaís que lle permitiría reducir cconsiderablemente a débeda que ten planexado o concello nun plan de 5 anos no que 2015 será o terceiro.

Recordemos que a aportación do concello a esta obra foi de 30.000 euros dun total de 150.000, sendo a Xunta a que aportou a diferencia.

Os traballos van a bó ritmo, con lo que considérase que poderán estar rematados para poder acollerse ós fondos indicados.

También te podría gustar...