Un home resultou ferido tras sufrir un accidente de tractor en Parada de Sil

2011-11-28_IMG_2011-11-28_20-02-11_112Un varón resultou ferido ao envorcar o tractor co que traballaba nunha finca no concello ourensán de Parada de Sil. Os servizos sanitarios de urxencia alertaron ao CAE 112 Galicia, pasados uns minutos das 17:30 horas desta tarde, e mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Finalmente non foi necesaria a evacuación en helicóptero e o home foi atendido no punto por Urxencias Médicas, segundo informaron os efectivos do GES de Castro Caldelas. O 112 Galicia avisou, ademais, aos axentes da Garda Civil de Tráfico de Ourense e a Protección Civil de Parada de Sil

También te podría gustar...