93 persoas atendidas por 59 accidentes de circulación durante a fin de semana

061Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 93 persoas debido a 59 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 17 de outubro, ata as 23:59 horas do domingo, 19 de outubro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 27 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 68 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 59 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 93 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 61 e 39 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 44 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 39 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 27 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
19
Lugo
4
Ourense
9
Pontevedra
27
Galicia
59

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 76. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 65 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en dúas ocasións.

En 85 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en oito ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

También te podría gustar...