3.091 agricultores ourensáns beneficiaranse do anticipo do pagamento único da PAC

pac-2014-203.091 agricultores ourensáns beneficiaranse do anticipo do pagamento único da PAC, que na nos provincia suporá un importe de 2.909.665,35 euros.

A Consellería do Medio Rural e do Mar, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), transferirá hoxe máis de 35 millóns de euros a preto de 25.000 agricultores da nosa Comunidade Autónoma, en concepto de anticipo do 50% do pagamento único da Política Agrícola Comunitaria (PAC). De esta medida beneficianse os 3.091 agricultores da nosa provincia.

O pagamento deste anticipo ten por obxecto garantir un apoio á renda dos agricultores e gandeiros, contribuíndo a estabilizar os seus ingresos, á vez que se garante o mantemento do medio rural galego en boas condicións agrarias e medioambientais.

Nas primeiras semanas de decembro realizarase o pagamento do saldo restante do pagamento único. Tamén se realizará o pagamento de outras axudas directas tramitadas a través do procedemento de solicitude unificada 2014, como son a prima por vaca nutriz, o primeiro pago da axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan aos agricultores que manteñen explotacións con vacas nutrices, a axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector cabrún e a axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector de vacún de leite.

También te podría gustar...