Alejandro Sanz elixe Ourense para rodar o videoclip do seu próximo traballo

1 2015 MB e A Sanz

O cantante Alejandro Sanz elixiu Ourense para rodar o videoclip de seu próximo traballo, o que fará o seu álbum de estudio numero 10. As xestións dos últimos meses realizadas polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, materializáronse esta semana coa chegada do artista de relevancia internacional e o seu equipo para rodar en diferentes localizacións da nosa provincia. Manuel Baltar, destaca o impacto promocional que suporá para Ourense esta situación dada a proxección mundial de calquera traballo de Alejandro Sanz, artista con millóns de seguidores nas redes sociais, onde seus videoclips teñen recibido centos de millóns de visitas.

También te podría gustar...