• Francisco García impulsará a inclusión da Ruta do Viño de Valdeorras na marca ‘Enoturismo de Galicia’
  • A iniciativa foi presentada esta semana en Santiago

 

Francisco García

Francisco García, presidente do Consello Regulador

 

O presidente do Consello Regulador, Francisco García, abordará a vindeira semana cos membros da xunta directiva da Ruta do Viño da comarca a posible adhesión de Valdeorras á marca de promoción conxunta “Enoturismo de Galicia”, que foi presentada esta semana en Santiago a instancias do Clúster de Turismo de Galicia.

A entidade deixou as portas abertas a Valdeorras para a súa inclusión nesta iniciativa, que xa conta co respaldo das outras catro rutas do viño galegas.

A xuntanza terá lugar o vindeiro luns 24 de outubro, pola tarde, nas dependencias do Consello Regulador.