Xuntanza entre representantes do sector bodegueiro e dos viticultores de Valdeorras para consensuar os criterios para o cumprimento dos parámetros exixidos por ENAC

  • Representantes do sector consensúan os criterios para o cumprimento dos parámetros exixidos por ENAC
  • Onte celebrouse unha xutanza técnica sobre esta cuestión na sede do Consello Regulador

 

Onte celebrouse na sede do Consello Regulador, en Vilamartín de Valdeorras, unha xuntanza entre representantes do sector bodegueiro e dos viticultores da comarca, liderada polo presidente da D.O., co obxecivo de consensuar os criterios para o cumprimento dos parámetros esixidos por ENAC.

O presidente do Consello Regulador, Francisco García, confía en que a D.O. poida obter a acreditación da Entidade Nacional de Certificación (ENAC) nos primeiros meses do vindeiro ano. O proceso para consensuar os criterios que permitan o cumprimento dos parámetros desenvolveuse buscando o consenso cos diversos axentes e subsectores implicados.

 

Marca_ENACSobre ENAC

ENAC é unha organización declarada de utilidade pública, independente e sen ánimo de lucro, auspiciada e tutelada pola Administración, que desenvolve a súa misión cunha clara vocación de servizo público, garantindo que todas as súas actuacións se baseen en principios de imparcialidade, independencia e transparencia.

A súa misión é avalar a competencia técnia dos organismos de avaliaciónda conformidade –laboratorios, entidades de inspección, de certificación, verificadores- para xerar así confianza nas súas actividades á Administración, ao mercado e á sociedade en xeral. Deste xeito consegue que os seus servizos estean recoñecidos e aceptados nacional e internacionalmente, contribuíndo así ao aumento da competitividad dos produtos e servizos españois.

 

También te podría gustar...