• Marisol Díaz Mouteira asiste a unha reunión da Xunta Local de Seguridade de Ourense

 

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiu hoxe á reunión da Xunta Local de Seguridade de Ourense, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, e na que participaron membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, da Policía Local e colectivos veciñais.