Pancarta Hospital

 

A Subdirectora de Procesos de Enfermaría da EOXI de Ourense-Verín-Barco de Valdeorrascomunicou que unh apraza de enfermería quedará sen cubrir.

A CIG-Saúde a manifestado á súa disconformidade:

CIG-Saúde tivo coñecemento que a Subdirectora de Procesos de Enfermaría da EOXI de Ourense-Verín-Barco de Valdeorras, Montserrat Souto Pereira, comunicou mediante correo electrónico, ao persoal de enfermaría do Centro de Saúde de O Barco, que unha praza de enfemaría, cuberta ata agora por unha sustituta cuxo titular pediu o traslado para Monforte, quedará sen cubrir. Esta comunicación foi realizada o día antes de que fose efectiva polo que o resto do persoalterá que repartirse o cupo de pacientes; no correo xalles especifica cómo será esa repartición.

CIG-Saúde de O Barco denuncia a eliminación dunha praza de enfermaría presupostada, consolidada, e que a dirección da EOXI eliminou polas súas políticas de recortes.

Consideramos que a atención ao cidadánv ai quedar seriamente prexudicada xa que serán máis usuarios para menos enfermeiros polo que se incrementará o número de pacientes por día e o persoal terá menos tempo de atención para cada paciente.

Tamén denunciamos a amortización dunhapraza de médico en San Xoán de Río, a titular neste centro de saúde virá cubrir a praza libre que queda no centro de saúde de O Barco ao irse de traslado unha médica deste centro. Supoñemos que os usuarios de San Xoán de Río agora dependerán do centro de saúde de Poboa de Trives coas consecuencias que iso supón xa que a distancia xeográfica entre un e outro é considerabel.

Esta Xerencia cumpre relixiosamente coas políticas do PP a nivel de Galiza e do Estado Español, aplicando os recortes e fomentando o deterioro da Sanidade Pública.

Estas son as consecuencias da disminución do orzamento para Sanidade e concretamente dos orzamentos de Atención Primaria, cunha disminución de 25 millóns de euros.