O Sergas inviste 1,4 millóns de euros para o fomento de proxectos innovadores no sistema sanitario galego

xunta de galiciaSegún publica hoxe a Xunta de Galicia, o  Servizo Galego de Saúde inviste un total de 1,4 millóns de euros para a posta en marcha dos proxectos do Programa de desenvolvemento precomercial dos resultados de investigación do sistema público de saúde de Galicia (PRIS).

Esta iniciativa, liderada dende a Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública, persegue a identificación e apoio de proxectos de investigación con potencial para chegar ao mercado e promovidos polos profesionais do sistema de saúde de Galicia. Enmárcase dentro do programa InnovaSaúde, no subproxecto de transferencia e difusión de resultados, e está cofinanciado nun 80% por fondos Feder-Fondo Tecnolóxico.

O PRIS significa un novo paso na modernización da investigación sanitaria de Galicia e será presentado na próxima edición BioSpain 2014 que se celebrará en Santiago entre o 24 e o 26 de setembro.

También te podría gustar...