• Dende as 15:00 horas do venres 11 de novembro ata as 23:59 horas do domingo 13 de novembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 76 chamadas por accidentes de tráfico

 

Foto: Archivo

Foto: Archivo

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 83 persoas debido a 65 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 11 de novembro ata as 23:59 horas do domingo, 13 de novembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 26 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 76 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 65 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 83 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 57 e 43 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 41 por cento dos atendidos tiña entre os 15 e os 29 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 31 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

23
Lugo
4
Ourense
7
Pontevedra
31
Galicia
65

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 82. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en seis sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 66 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 10 ocasións.

En 75 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en catro ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e catro persoas faleceron no punto do sinistro.