• A Xunta organiza a Xornada sobre Seguridade e Coordinación nas probas automobilísiticas de Galicia
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou na AGASP a ‘Xornada sobre Seguridade e Coordinación nas probas automobilísticas de Galicia’
  • Destacou a colaboración co sector do automóbil deportivo de Galicia para que os asistentes aos rallies poidan asistir a estes espectáculos deportivos “coas máximas garantías de control e seguridade”
  • A Xornada contou coa participación de escudarías e pilotos, como os irmáns Sergio e Diego Vallejo, campións de España, e o campión galego, Alejandro Pais

image_gallery (2)

 

O vicepresidente, Alfonso Rueda, destacou a colaboración do sector do automóbil deportivo de Galicia e a Xunta para que os asistentes aos rallies galegos poidan asistir a estes espectáculos deportivos “coas máximas garantías de control e seguridade”.

Rueda inaugurou hoxe na Agasp a ‘Xornada sobre Seguridade e Coordinación nas probas automobilísticas de Galicia’, na que tamén participaron o secretario xeral para o Deporte, Jose Ramón Lete, o director de Emerxencias e Interior, Luis Menor, o Comisario Xefe da Unidade da Policía Autonómica de Galicia, Silverio Blanco Fernández, o alcalde da Estrada, José López Campos, e o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral.

O vicepresidente explicou que os organizadores deste tipo de probas levan moito tempo esforzándose para avanzar neste eido e por iso ofreceulles os recursos da Xunta para mellorar nese obxectivo. En primeiro lugar a Academia Galega de Seguridade Pública, “referente formativo” de todo o persoal de emerxencias e seguridade que traballa en Galicia.

Rueda finalizou agradecendo ao sector automobilístico o seu interese por iniciar un traballo conxunto, deseñar as mellores políticas de prevención de riscos e coordinarse para aplicalas en cada proba. “Hai que lanzar máis alto e claro a mensaxe ao público dos rallies de que están a asistir a un evento deportivo seguro sempre e cando sigan as indicacións dos organizadores”, enfatizou.

Seguridade, autorizacións e o papel dos pilotos A xornada conta con tres mesas redondas: “O papel dos pilotos e copilotos nas probas automobilísticas”, “A seguridade das probas” e “Réxime de autorizacións”. Participarán membros da Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local, Federación galega de automobilismo, escudarías e varios pilotos e copilotos de rallys, como os irmáns Sergio e Diego Vallejo, campións de España, e o campión galego 2015, Alejandro Pais.

Durante a xornada presentouse tamén un spot publicitario dirixido á concienciación do público sobre as medidas de seguridade nas probas, protagonizado por pilotos e copilotos galegos, e que será emitido nas televisións con motivo das probas que se celebren en Galicia.

 

image_gallery (3)