O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez Abad, visitou esta tarde na Casa da Xuventude de Ourense, a mostra “Nimbos de luz”

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez Abad, visitou esta tarde na Casa da Xuventude de Ourense, a mostra “Nimbos de luz”, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración coa Editorial Galaxia co gallo das Letras Galegas 2014, dedicadas a Xosé María Díaz Castro. A iniciativa enmárcase nas accións conmemorativas postas en marcha pola Consellería de Cultura e Educación durante este ano e pódese visitar na Cidade das Burgas ata o vindeiro 16 de outubro.

Durante a visita o conselleiro estivo acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García e polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, entre outros.

‘Nimbos de luz. Xosé María Díaz Castro’

“Nimbos de luz. Xosé María Díaz Castro” é a mostra coa que a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, lle rende tributo ao autor guitiricense ao que a Real Academia Galega lle dedicou as Letras Galegas este ano. Comisariada por Alfonso Blanco Torrado, por Luís González Tosar e por Armando Requeixo, permite unha importante aproximación á obra do poeta, tradutor e intelectual Díaz Castro, por medio de 14 paneis temáticos, diversos materiais multimedia e outros soportes expositivos. Como complemento ofrece, de xeito gratuíto, folletos ilustrativos dos paneis e a proxección do documental “O instante eterno”, de Xosé Antón Cascudo.