VIII Encontro Nacional de Peregrinos de Brasil

  • Turismo de Galicia promove o Camiño de Santiago no VIII Encontro Nacional de Peregrinos de Brasil
  • Un dos principais asuntos abordados no encontro, celebrado na cidade de Caxias do Sul, foi a evolución da seguridade do Camiño
  • Neste senso, destacouse a implicación de todas as administracións públicas a través da constitución da Comisión de Seguridade Viaria do Camiño
  • Así mesmo, resaltáronse algunha das principais iniciativas abordadas xa por esta Comisión como as melloras na sinalización horizontal e vertical e a construción de varios pasos subterráneos para evitar zonas con cruzamentos perigosos
Foto: Archivo Encontro

Foto: Archivo Encontro

Turismo de Galicia participou no VIII Encontro Nacional de Peregrinos de Brasil, celebrado na cidade de Caxias do Sul, no que un dos principais temas abordados foi o pasado e o presente da seguridade do Camiño.

Na xuntanza participaron ao redor de 250 representantes de asociacións xacobeas de todo o país, no que actualmente funcionan unhas 28 entidades xacobeas con varios milleiros de asociados.

Na intervención abordouse a evolución da seguridade no Camiño ao longo do tempo. Neste senso, o representante do Xacobeo explicou como a Xunta de Galicia buscou a colaboración de todas as administracións públicas implicadas no asunto e en xullo de 2015 constituíuse a Comisión de Seguridade Viaria do Camiño na que están presentes representantes departamentos estatais, autonómicos e locais con competencias na materia.

Durante o encontro destacouse como, froito do traballo desta Comisión, xa se efectuaron melloras na sinalización horizontal e vertical nalgúns treitos do Camiño e o Ministerio de Fomento anunciou a construción de varios pasos subterráneos para evitar zonas con cruces perigosos.

Visitas institucionais, cursos e conferencias
No marco desta viaxe tamén se realizaron visitas institucionais a varios lugares de relevancia xacobea como o conxunto de Santiago de Matto Perso e unha ruta inspirada no Camiño que se está creando en Brasil.

Ademais, impartíronse varios cursos e conferencias en tres Institutos Cervantes de Brasil: Porto Alegre, Brasilia e Sao Paulo. Nesta ocasión, o tema desenvolto foi os ritos do Camiño de Santiago, un asunto de especial interese para os asistentes.

También te podría gustar...