VI Congreso Nacional de Innovación e Servizos Públicos

  • A Deputación de Ourense participa no «VI Congreso Nacional de Innovación e Servizos Públicos»

0 0 Juan Marquina no CNIS 2016

 

O vicesecretario xeral da Deputación de Ourense, Juan Marquina, participou hoxe en Madrid no «VI Congreso Nacional de Innovación e Servizos Públicos» presentando un relatorio sobre «Vídeo-acta municipais: tecnoloxía, legalidade, aforro e transparencia nas reunións dos órganos colexiados», exposición na que fixo referencia ás novas tecnoloxías aplicadas especialmente nas sesións plenarias, comisións informativas e nas mesa de contratación, coa finalidade de dispoñer á tecnoloxía a prol dunha maior inmediatez e achegamento á cidadanía.

A Deputación de Ourense presenta o seu modelo de vídeo-acta, sistema de xestión documental que permite a elaboración das actas dos plenos rapidamente. «A solución baséase na integración vídeo e documentos electrónicos firmados dixitalmente mediante DNI electrónico», asegura Juan Marquina, que engade que o sistema «combina a gravación en vídeo dos plenos co documento electrónico que contén a orde do día da sesión, todo firmado electrónicamente co certificado dixital ou o DNI electrónico do presidente e do secretario da entidade local, para dar fe legal do acto». Asemade, no congreso falouse da xestión da transparencia que se leva a cabo co canal-vídeo dispoñible na web da Deputación de Ourense, que permite a retransmisión en directo e por streaming das sesións e reunións doutros órganos colexiados, como Comisión Informativas e Mesas de Contratación, para profundizar na transparencia.

Esta sexta edición do Congreso Nacional de Innovación e Servizos Públicos baixo o lema «Transformación dixital ao servizo das persoas» celebrarase os días 2 e 3 de marzo na sede da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre en Madrid. O Congreso CNIS é un foro de encontro para debater sobre cómo xestionar a transformación dixital nas nosas administración e como aplicar solucións innovadoras, analizando as novas tendencias. Trátase dunha importante cita para institucións e responsables públicos, co obxectivo de debater sobre os avances no sector e os proxectos en marcha en materia de innovación, administración electrónica, tecnoloxías, normativas e novos servizos públicos.

O CNIS que se ven desenvolvendo dende o ano 2011 é un punto de encontro de ámbito nacional sobre administración electrónica, no que se reúnen os representantes das distintas Administracións Públicas, as principais empresas do sector e diversos expertos relacionados coa materia. Nesta sexta edición debátese sinaladamente sobre todo o que está a afectar hoxe en día ás administracións obrigándoas a xestionar a súa transformación a partir das novas capacidades tecnolóxicas, ao servizo das persoas: cidadáns, empresas e as propias administracións.