Asamblea aberta BNG en Vilamartín

 

Veciños de Vilamartín asistiron a asamblea aberta do BNG onte a noite que estaba convocada para as 20:00h en Santa Lucía Centro Social para facer por un lado unha revisión das propostas que ao longo destos catro ultimos anos se han proposto ao concello e o resultado das mesams.

Por outro lado, os veciños e veciñas asistentes fiexron fincapé en as moitas ocusas que débense mellorar no concello, algunhas xa demandadas anteriormente e outras que deberán proporse por primeira vez.

O BNG ten previsto facer novas asambleas abertas nos diferentes concellos da comarca como xa ven a facer recentemente ou mesmo en comarcas veciñas com fixo fai pouco en Viana.

Esta experiencia en Vilamartin terá próximamente continuidades xa que son as propostas veciñais as que deberán de compor o programa cara as vindeiras eleccións municipais do año que ven.

Na asemblea aberta levada a termo este sábado, informouse aos vecinos que asistiron do traballo levado a cabo polo BNG local, as propostas que ao longo destes tres anos se lle fixeron chegar ao Concello e  cal é a liña a seguir no futuro.

Destacar que nos dous primeiros anos desta lexislatura, o BNG presentou máis de cen propostas de moción, das que ningunha foi respostada ou tida en conta. Propostas como a de emitir unha declaración institucional de apoio aos preferentistas, as de abrir os plenos á participación dos colectivos e asociación, as de modificar o horario de plenos e facilitar a asistencia de concelleiros e veciños, medidas para a mellora na acesibilidade e na mobilidade, para o aumento de matrículas no colexio público, o apoio claro e explícito á axencia de lectura, onde as xestións do BNG fixeron que máis de cincocentos libros foran achegados á axencia de lectura, propostas para a mellora e dinamización desta, etc…

Analizáronse tamén outros xeitos de dar a coñecer á veciñanza das acción que está a levar a cabo o bloque na vida da localidade, xa que consideramos que o maior déficit que temos é a visibilidade destas e outras accións.

Analizouse polo miúdo a problemática da estrada de San Vicente, do que se tirou unha conclusión, a necesidade de establecer canais de comunicación entre todas as partes implicadas no conflito antes de que siga a enquistarse. Somos moi críticos coa actuación do Concello e da Deputación, que permitiron que pasaran máis de vinte anos antes de procurar unha solución ao problema, resulta dramática a situación de San Vicente, condenado a circular por unha vía perigosísima para poder aceder ás súas casas. Esiximos que a Deputación e o Concello tome as medidas precisas para garantir o aceso digno e rebaixar a tensión entre as partes.

Informouse das medidas que se van a tomar en  apoio ao colectivo de emigrantes retornados, colectivo que dende un primeiro momento contou co apoio do bloque, e preténdese darlle un novo pulo ás súas reivindicacións.

No tocante ás propostas, demandouse que se publiciten máis as asembleas, que se fixera outra próximamente ao tempo de que se dea máis información do que se está a facer.

Asamblea aberta BNG en Vilamartín

Fotos Manuel Agra