Vázquez Abad visitou onte a rodaxe da curtametraxe ‘Vida’, dirixida por Rubén Riós, a prol da integración das persoas con discapacidade intelectual

Vázquez Abad visitou esta mañá a rodaxe da curtametraxe ‘Vida’

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, compartiu hoxe parte da xornada co equipo da curtametraxe ‘Vida’ na clínica Cosaga de Ourense. Esta creación, dirixida polo ourensán Rubén Riós, ten un marcado carácter social e é produto da cooperación entre Aspanas Termal e a produtora Claqueta coqueta.

Unha vintena de persoas vinculadas á devandita asociación, son os protagonistas da fita, ben no papel de actores ben exercendo tarefas de dirección, produción, realización, vestiario ou perruquería. En interpretación compartirán escenas con profesionais como Sabela Arán, Cristina Castaño, Javier Gutiérrez, ademais de Mariana Carballal, María Mera e Estíbaliz Veiga, que firma o guión.

A fita narra a historia de Óscar, un mozo emprendedor que trata de sacar adiante o seu negocio como restaurador e creador de obras de arte, e de Helena, unha moza que asume a súa vida cotiá con problemas familiares de autoprotección e ciumes. Deste xeito o filme mostrará, a través varios personaxes a creatividade e a capacidade deste colectivo.

A rodaxe, que comezou no mes de xaneiro, terá a cidade das Burgas como centro das localizacións da filmación. A praza das Mercedes a do Ferro ou a de Santa Eufemia, entre outros lugares destacados da capital, forman parte das localizacións na obra de Riós.

También te podría gustar...