CCOO EnsinoCCOO Ensino Ourense presenta as V xornadas educativas os días 13 e 14 de Novembro no salón de actos do CIFP A Farixa.

As xornadas destinadas o profesorado do ensino público, abrirán o día 13 cunha mesa redonda de expertos onde se analizará a LOMCE polo miúdo. Na mesa participarán:

  • Avelino Sarasúa Ortega (Actualmente inspector central do MECD. Foi Subdirector xeral de inspección e subdirector xeral de Ordenación Académica do MECD)
  • Manuel Rey Fernández (Xefe do Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación Educativa da Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado da Consellería de Educación)
  • Montserrat Ros Calsina (Secretaria de Política Educativa da Federación de Ensino de CCOO)
  • Xosé Manuel Cid Fernández (Vicedecano da facultade de ciencias da educación da Universidade de Vigo.)
  • José Manuel Fuentes Fariñas (Secretario de Política Educativa da Federación de Ensino de CCOO de Galicia)

Contaremos ademais coa participación de Ángel Gabilondo, Ex-ministro de Educación e Alejandro Tiana, actual Rector da UNED, que nos falarán en cada un dos videos da necesidade dun pacto educativo e da carreira profesional docente.

Os intervenientes amosarán a súa postura sobre temas tan controvertidos da educación como:

  • 1.- Necesidade dun pacto educativo.
  • 2.- Carreira profesional e acceso a un MIR docente. Papel do profesorado na escola do siglo XXI
  • 3.- Precarización das condicións laborais do profesorado e privatización.
  • 4.- Atención á diversidade coa LOMCE.
  • 5.- Fracaso escolar. Informe PISA, …
  • 6.- A relixión na escola.
  • 7.- Necesidade de educación para a cidadanía.
  • 8.- Probas de avaliación externa. Revalidas.
  • 9.- Outros. Plurilingüismo, autonomía dos centros, PMAR, acoso escolar, etc.

O día 14, as xornadas terán un perfil mais técnico para o profesorado onde Avelino Sarasúa Ortega, actualmente inspector central do Ministerio de Educación (foi subdirector xeral de inspección e subdirector xeral de ordenación académica do Ministerio de Educación) amosará as esixencias da nova lei a hora de programar un curso en primaria e secundaria.