2011-11-28_IMG_2011-11-28_20-02-11_112O helicóptero medicalizado con base en Ourense acudiu esta tarde a Sandiás por mor dun atropelo a un ciclista na estrada que une Xinzo con Celanova. Tras recibir a alerta ás 13:10 horas de hoxe, o persoal do CAE 112 Galicia solicitou a intervención da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Sandiás. Urxencias Médicas xa tiña constancia do suceso.