• Medio Rural permitirá de novo a partir de mañá a tramitación de permisos para facer queimas agrícolas e forestais
  • A realización destas tarefas permanecía suspendida ata o de agora debido ás condicións meteorolóxicas adversas

 

quemaA Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde mañá venres, día 14, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido á diminución do risco de incendios forestais por condicións meteorolóxicas. A realización de queimas de restos agrícolas e forestais prolongouse ata o de agora debido á climatoloxía adversa. Así pois, o domingo 16 será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas.

Polo tanto, a partir de mañá poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través do teléfono 012, do centro de atención aos cidadáns da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Deste xeito, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, lembramos que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.