retornados 04 12 2014 a

AO/Á SUBDELEGADO/A DO GOBERNO DA PROVINCIA DE OURENSE

Antón Rodríguez Prieto, en nome e representación da Plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras, con enderezo a efectos de notificación na rúa Miguel de Cervantes nº 37, 32340, Vilamartín de Valdeorras, (tel. 617 20 27 76) diríxese á Subdelegación do Goberno e como mellor proceda.

EXPÓN:

Que por medio do presente escrito e no exercicio dos dereitos recoñecidos polo artigo 21 da Constitución Española e a Lei Orgánica reguladora do dereito de reunión, ven a comunicar a esa Subdelegación do Goberno a decisión de celebrar unha concentración, de acordo coas seguintes características:

1º.- Como organizadora da concentración considerarase á Plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras, e no seu nome, o abaixo asinante.

2º.- A concentración terá lugar o vindeiro xoves 9 de outubro ás 11.00 h. na Avda. Elena Quiroga, concretamente no número 2; no pobo de Viloira do Concello de O Barco de Valdeorras.

3º.- O obxecto da concentración é demandar un mellor trato do Goberno do Estado cos emigrantes retornados de Valdeorras, ao tempo que se fará visible o problema na comarca.

4º- Como medida de seguridade establecerase un servizo de orde, integrado por persoas da Plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras.