IMG-20150206-00137

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou na inauguración da VII Feira do Porco e Delicias de Sarrabulho e visitou o posto que Xantar dispón nesta feira para promover a próxima edición do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, que se celebrará en Expourense entre o 4 e o 8 de marzo, co obxectivo de atraer visitantes do norte de Portugal. A presenza de Xantar neste evento vén a cumprir o obxectivo de fomentar a cooperación trasfronteiriza entre Galicia e Portugal a través da gastronomía como motivación para dinamizar o turismo de proximidade.