Riada CidadáAnte as falsas informacións que algunhas persoas interesadas van difundindo polo Barco, Riada Cidadá vese na obrigación de aclarar unha das súas propostas, recollidas de forma específica no programa que presentamos para estas Eleccións Municipais.

Declaración:

Riada Cidadá non propón a curto prazo o soterramiento inmediato da vía do tren. Iso é falso. Tal e como explicou Félix García Yáñez, o noso cabeza de lista no debate que tivo lugar o pasado xoves, trátase dunha idea que contou ata coa aprobación do resto das formacións políticas: “A nosa proposta é moito máis ambiciosa. Trátase dun proxecto de cidade a longo prazo, un plan de futuro, consensuado co resto dos partidos, para que O Barco poida crecer de xeito sostenible, de maneira que o Concello facilite a movilidad e a comodidade da cidadanía. Non só propoñemos o soterramiento da vía do tren, que corta penosamente o pobo en dous. Este proxecto, de sentido común e consenso, a 30 ou 40 ou 50 anos vista, contempla tamén o desprazamento das liñas de alta tensión e discutir a ampliación, reforma ou construción das futuras pontes sobre o río Sil. Falamos dunha política urbanística que xa se está levando a cabo nas cidades e pobos máis dinámicos de Galicia e de España.”