Abstencion

 

‘Que os barquenses comecen a escribir a súa historia, non a abstención’. É a mensaxe da formación Riada Cidadá para as eleccións municipaís deste vindeiro domingo.

No seu comunicado indican que:

‘Temos a oportunidade de que os barquenses empecen a escribir a súa historia, xuntas e xuntos, con miles de mans. Non máis intereses inconfesables que evitan a participación, non máis falta de transparencia, non máis mala xestión privada do que é de todos, non máis vidas perdidas por desidia e falta de coñecemento, non máis poñer a saúde dos veciños en risco’.

Por este motivo insisten en que ningún barquense con dereito a voto debe quedar na súa casa o domingo próximo.