cabalgata

 

Mañá día 5 de xaneiro é a data especialmente adicada nestas festas do Nadal para os máis pequenos, xa que é a data escollida polas súas Maxestades os Reis de oriente, para visitar aos máis cativos e traerlles os seus ansiados regalos.

A partires das 17:00h, poderemos ver ós Reis Magos saudando a todolos pequenos dende o balcón do Concello dende onde partirán para percorrer as rúas da localidade facendo a ledicia dos cativos, rematando a cabalgata no Audittorio Julio Vázquez da localidade.