Deputación Ourense

Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar o vindeiro luns, 10 de novembro, ás 10,30 horas, a presentación da 14ª edición do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos.

O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, e do subdirector de Sistemas e Infraestruturas da Escola de Enxeñería Informática do Campus de Ourense, Francisco Javier Rodríguez.