Pregunta do BNG no Congreso dos Deputados sobre a supresión dos Exames teóricos de conducir no Barco

logo_BNG_o_barcoUnha vez máis, a poboación de Valdeorras vese prexudicada pola política recentralizadora do Goberno do Partido Popular.

Despois de quitarlle servizos á poboación da nosa comarca no tocante á Sanidade, á Xustiza, ao Ensino… tócalle agora a supresión e o recorte a un servizo que lle afecta a moita xente da nosa comarca: ter que desprazarse a Ourense, con todo o gasto e molestias que isto conleva, para realizar o exame teórico de conducir. O BNG esixe do Goberno do Partido Popular que non siga marxinando a nosa comarca. Esiximos a posibilidade de seguir realizando o exame teórico de conducir no Barco.

Escrito completo descargable

También te podría gustar...