Plan de colaboración coas Asociacións de Amigos do Camiño para o impulso das súas actividades e do seu labor de difusión da cultura xacobea

Turismo de Galicia impulsará un plan de colaboración coas Asociacións de Amigos do Camiño para o impulso das súas actividades e do seu labor de difusión da cultura xacobea.

  • Turismo de Galicia presentou onte o Plan Director e Estratéxico da Ruta Xacobea ás Asociacións de Amigo do Camiño de Santiago
  • O Plan Director dedica un dos seus plans de acción prioritarios ao apoio destes colectivos que constitúen un dos axentes que contribúe máis positivamente á difusión do Camiño e a súa promoción
  • Entre numerosas iniciativas este plan inclúe programas de voluntariado de hospitaleiros, a creación dun centro de documentación, o establecemento de canles entre as Asociacións e a Xunta, programas de formación aos peregrinos sobre a Cultura Xacobea ou o establecemento do Día do Camiño de Santiago
Turismo de Galicia presentou onte ás Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago o Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago nun encontro celebrado no Consello Económico e Social de Galicia que contou coa presenza do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez  Autor: Xoán Crespo

Turismo de Galicia presentou onte ás Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago o Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago nun encontro celebrado no Consello Económico e Social de Galicia que contou coa presenza do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez
Autor: Xoán Crespo

Turismo de Galicia presentou esta tarde ás Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago o Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago nun encontro celebrado no Consello Económico e Social de Galicia que contou coa presenza do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez.

As Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago encóntrase espalladas polos cinco continentes con máis de 300 colectivos. En todas partes do mundo podemos encontrar dende importantes asociacións como a de Holanda, con máis de 12.000 asociados, o American Pilgrims, con 34 capítulos espallados polos Estados Unidos, ata numerosas asociacións en Alemaña, Francia ou España de carácter máis local pero que testemuñan a vitalidade deste movemento asociativo.

Durante o encontro, o xerente do Xacobeo destacou que o entramado de colectivos de peregrinos que conforman estas Asociacións constitúen un dos axentes que contribúe máis positivamente á difusión do Camiño e a súa promoción.

Rafael Sánchez sinalou que a labor que realizan estas asociacións, de información, de entrega de credencias, de sinalización, de actividades, congresos e publicacións, conforma un dos piares básicos no impulso da peregrinación a Santiago de Compostela.

Na realización do Plan Director e Estratéxico do Camiño as Asociacións de Amigos do Camiño tiveron gran protagonismo. Turismo de Galicia celebrou un foro coa participación de 46 representantes das principais Asociacións para coñecer as súas inquietudes e opinións e recoller a información sobre as necesidades ás que debía responder o Plan.

Así mesmo, para a posta en marcha do Plan continuarase con esta aposta pola colaboración e coordinación.

Deste xeito, unha das oito liñas estratéxicas que contén o Plan Director centrada na coordinación e e organización administrativa dedica un dos seus plans de acción prioritario ao apoio ás Asociación de Amigos do Camiño de Santiago.

No marco desta liña estratéxica traballarase no establecemento dun Plan de colaboración coas Asociacións de Amigos do Camiño para o impulso das súas actividades e da súa labor de difusión da Cultura Xacobea.

Apoio ás Asociación de Amigos do Camiño de Santiago
Neste senso, entre as principais accións que establece o plan destacan os programas de voluntariado de hospitaleiros nos albergues da rede pública do Camiño para os integrantes das Asociacións, a creación dun centro de documentación onde se recompilará, entre outras publicacións, a documentación xerada polas Asociacións de Amigos do Camiño, o establecemento de canles para a participación entre as Asociacións do Camiño e a Xunta de Galicia en materias relacionadas co Camiño ou a posta en marcha de programas de formación aos peregrinos sobre a Cultura Xacobea en coordinación coas Asociacións de Amigos de Camiño para cada unha das distintas rutas.

Así mesmo, traballarase no establecemento do Día do Camiño de Santiago, realizando actividades propostas polas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e outros axentes.

También te podría gustar...