Permanece ingresado en observación nun centro hospitalario de Ourense o piloto da avioneta ferido no incendio de Castro Caldelas
Permanece ingresado en observación nun centro hospitalario de Ourense o piloto da avioneta ferido esta tarde tras sufrir un accidente, por causas que se investigan, mentres traballaba na extinción dun incendio rexistrado no concello ourensán de Castro Caldelas. O aparello sinistrado é un modelo Dromader, que opera desde a base lucense de Doade.
Este lume, rexistrado na parroquia de Vilamaior de Caldelas, inicouse ás 14:25 horas e está controlado desde as 19:09 horas. No seu control traballaron 1 técnico, 4 axentes forestais, 14 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 3 avións.