Palestra e cata de vinos de Valdeorras na Coruña

Mañá sábado 19 de marzo ás 12 da mañá celebraremos unha palestra adicada ao viño e á viticultura en Valdeorras, cargo de Jorge Mazaira, director técnico do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras. Tras esta presentación de media hora para explicar a historia e presente dos viños valdeorreses, trasladarémonos ao mercado de San Agustín, onde faremos unha cata comentada de doce viños valdeorreses.
 
 
 
 
Esta actividade forma parte do II Ciclo de Encontros sobre Valdeorras organizados polo colectivo Valdeorras Infinda, e será unha ocasión única para coñecer a historia da recuperación do godello, unha variedade de branco que está marcando historia nos recoñecementos internacionais. Tamén probaremos as novas tendencias na elaboración de tintos analizando como a gran diversidade xeolóxica e o particular clima de Valdeorras se expresan nos seus viños.
 
A cata será en A Parva, a cantina do mercado, que servirá uns aperitivos ao finalizar. O aforo da cata está limitado a 24 persoas e o custe por participar é de 10€ que se abonarán antes do inicio. 
 

También te podría gustar...