Os nenos e nenas de Monforte xa poden disfrutar das novas instalacións do Parque infantil da Compañía

  • O Alcalde inaugura o Parque Infantil da Compañía
  • Os nenos e nenas de Monforte xa poden disfrutar das novas instalacións do Parque infantil da Compañía
  • José Tomé Roca, acompañado por diversos membros da Corporación municipal, inaugurou a ampliación e mellora da área de xogos do que é un dos parques infantís máis utilizados da cidade
  • Este proxecto, que amplía e mellora sensiblemente este parque, fora adxudicado á empresa Calfensa Proyectos SL, e contou cun investimento de 145.164,91 euros (ive engadido), sendo a súa financiacion, na súa totalidade, con fondos municipais
  • “Trátase dun importantísomo proxecto para a nosa cidade, pero sobre todo para os nosos nenos e nenas e as súas familias, porque a través del non só levamos a cabo unha ampliación da área infantil, senón tamén a renovación integral de todo o parque existente, tanto do chan como de xogos”, destacou o Alcalde
  • A nova zona de xogos do Parque Infantil da Compañía conta dende hoxe con novos elementos e zonas de xogo, con elementos inclusivos e adaptados (4 paneis inclusivos), dous columpios, un saltador, 4 asentos para columpios, unha tirolina, que será unha das principais atraccións do parque, e un xogo inclusivo múltiple
  • Ademáis, renovouse todo o pavimento de caucho e tamén se melloraron as condicións da fonte ornamental que preside a entrada ó parque, dotándoa dunha valla perimetral e dun sistema de iluminación pública de cores
  • A ampliación da área de xogos conlevou o reacondicionamento das zonas axardinadas, dos accesos pavimentados, o aumento do vallado perimetral de acordo coa ampliación da nova área, a mellora das redes de rego, así como do alumado e saneamento, e a instalación de novo mobiliario público
  • Recentemente, o Alcalde inaugurou a pista de Skate, que se ubica na parte media do extremo sur do Parque da Compañía, polo que “coa nova actuación sobre a área de xogos do Parque infantil da Compañía, acadamos unha ampla zona de esparcimento para os nosos rapaces e xóvenes no centro da cidade”
  • O Alcalde, concluíu a súa intervención sinalando que “con este novo proxecto que vimos de inaugurar, continuamos co desenvolvemento do programa de mellora de infraestruturas da nosa cidade, un compromiso que teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas, e que supón, como veñen de comprobar, unha moi significativa ampliación e mellora do Parque Infantil da Compañía”

 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de inaugurar as novas instalacións do Parque infantil da Compañía, tras concluir as actuacións de mellora e ampliación da área de xogos de dito parque.

“Os nenos e nenas de Monforte xa poden disfrutar das novas instalacións da área de xogos do Parque da Compañía, que un dos lugares que acapara unha maior actividade da cidade, sobre todo no referente ó esparcemento e lecer da poboación, así como á presenza de turistas, o que fai que a súa área de xogos sexa a máis utilizada pola poboación infantil, que en moitos momentos abarrotan dita instalación. Por todos estes motivos, dende o Equipo de Goberno do Concello consideramos que era moi necesaria esta ampliación y estamos seguros de que será todo un éxito”.

Na inauguración, o Alcalde estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, o de Medio Ambiente, Miguel Tomé, a titular de Cultura, Marina Doutón, e as Concelleiras de Consumo e Muller e Igualdade, Regina López e Margarita López, así como polos responsables da empresa Calfensa.

Recentemente, o Alcalde inaugurou a pista de Skate, que se ubica na parte media do extremo sur do Parque da Compañía, polo que

coa nova actuación sobre a área de xogos do Parque infantil da Compañía que vimos de inaugurar, acadamos unha ampla zona de esparcimento para os nosos rapaces e xóvenes no centro da cidade.

 
Mellora da área de xogos do Parque Infantil da Compañía

O proxecto de mellora do Parque Infantil da Compañía foi adxudicado á empresa Calfensa Proyectos SL, e contou cun investimento de 145.164,91 euros (ive engadido), sendo a súa financiacion, na súa totalidade, con fondos municipais. As obras de mellora e ampliación deron comezo no mes de xaneiro deste ano 2021.

O Alcalde destaca que “trátase dun importantísimo proxecto para a nosa cidade, pero sobre todo para os nosos nenos e nenas e as súas familias, porque a través del non só levamos a cabo unha ampliación da área infantil, senón tamén a renovación integral de todo o parque existente, tanto do chan como da área de xogos, das zonas axardinadas, dos pavimentos e da fonte ornamental.”

As actuacións no Parque da Compañía consistiron na ampliación da área de xogos, que foi dotada de novos elementos de xogo, inclusivos e adaptados, e de novo mobiliario urbano. En concreto, os xogos instalados que conforman a área de xogos, son as seguintes:

  • 4 paneis inclusivos (incluíndo postes para apoio) fabricados en panel laminado de alta presión (HPL), de 64×70,2 cm. y de 10 mm. de espesor
  • 2 columpios de 2 asentos cada un e dimensións: 400x1750x 270 cm.
  • 4 asentos para columpio (2 planos, 1 de seguridade e 1 inclusivo con arnés).
  • 1 Saltador de dimensións 175×175 cm.
  • 1 Tirolina (incluíndo estrutura elevada a situar en punto de saída) de dimensións: 300x 326×350 cm. Formada por dous caballetes que van conectados por un cable de aceiro, do que colga un asento neumático, unido mediante unha cadea con rodamento especial-polea, para o desprazamento dun extremo ó outro do xogo. O Alcalde destacou que “a tirolina é unha das principais novidades do parque, e estou seguro que se convertirá unha das súas principais atraccións, para desfrute dos nenos e nenas monfortinos”.
  • Substitución do antigo xogo-areeiro por un novo xogo inclusivo para nenos e nenas a partir dun ano de idade de 12x8m. Esta foi unha mellora ofertada pola empresa adxudicataria.
  • 1 Xogo inclusivo múltiple: accesible e inclusivo, que está composto por variadas actividades en forma de circuito e ten unhas dimensións de 1000x900x250 cm. Os elementos que o compoñen son:
  • Torres activas.
  • 2 tobogáns, con alturas diferentes.
  • Paneis de xogo inclusivos.
  • Xogo de trapecio, accesible desde cadeira de rodas e composto por dúas cordas que suxeitan unha barra metálica antideslizante.
  • Barra metálica ondulada con anillas, situada entre dous postes estructurais accesible con curvas para facer un percorrido cunha anilla interior sen tocar a barra.
  • Barra xiratoria, de altura aproximada 220 cm. con curva central que a fai sinuosa e 4 apoios circulares intermedios onde poder sentarse para xirar arredor da mesma.
  • Trepa recta de barras metálicas rectas.
  • Trepas de rede: 1 horizontal, 1 vertical pequena entre postes e 1 grande de unión de torres. Compostas por cordas entrelazadas entre sí, formando rede horizontal.
  • Ponte móbil que une dúas plataformas a distintas alturas mediante peldaños unidos con cordas entre sí e a unha baranda superior de madeira.
  • Xogo de anillas formado por dúas cordas reforzadas de aceiro, con protección en parte inferior de plástico.
  • Bancos e asentos.
  • Sistema de trepa tipo rocódromo.

 

Dita ampliación da área de xogos conlevou tamén o reacondicionamento das zonas axardinadas, dos accesos pavimentados, o aumento do vallado perimetral de acordo coa ampliación da nova área, a mellora das redes de abastecemento do sistema de rego, así como do alumado público e saneamento, a instalación de mobiliario público (bancos) e unha nova da zona do Parque onde se sitúa dita área de xogos.

Á súa vez, renovouse o pavimento de caucho dos elementos da antiga área de xogos que, debido ó seu elevado uso e o tempo transcorrido desde a súa creación, presentaban un estado algo gastado para a función de protección ante posibles caídas dos nenos e das nenas para a que fora instalado.

Igualmente, aproveitouse para mellorar as condicións da fonte ornamental que preside a entrada do Parque Infantil, dotándoa dunha valla perimetral protectora e dun sistema de alumeado de cores automático “que de noite quedará precioso, para o desfrute de vecinos e vecinas..

O Alcalde, concluíu a súa intervención sinalando que “con este novo proxecto que vimos de inaugurar, continuamos co desenvolvemento do programa de mellora de infrastruturas da nosa cidade, un compromiso que teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas, e que supón, como veñen de comprobar, unha moi significativa ampliación e mellora do Parque Infantil da Compañía”. 

ACTUACIÓNS EXECUTADAS
  1. Pavimentos

Creouse un novo acceso de pavimento de adoquín que substituiu ó anterior eliminado da travesía do Colexio dos Escolapios. Para iso, colocouse o adoquín reservado do acceso anterior, previo caxeo do terreo por medios manuais, reenchendo os ocos coa propia terra extraída no caxeado.

A zona de xogos ampliada resolveuse con dous tipos de pavimento, diferenciando entre a área de impacto dos xogos, no que se aplicou un pavimento continuo absorvedor de impactos, e o resto da superficie na que se instalou céspede artificial; todo iso sobre unha soleira de formigón de 15 cm. de espesor que previamente se construiu. Así mesmo, renovouse o pavimento de seguridade da antiga área de xogos co mesmo pavimento continuo absorvedor de impactos.

A solera de formigón de 15 cm. de espesor, abarcou a superficie ampliada da área de xogos, colocando previamente no seu perímetro exterior un bordillo de media cana prefabricado de formigón, de 50x20x6 cm. de sección, similar ó presente no perímetro da antiga área de xogos. Durante a súa construción instaláronse as anclaxes dos elementos de xogo que posteriormente foron embutidos na soleira.

Xunto á anterior, construíuse unha rampa no acceso á área de xogos que permite salvar a diferenza de cota existente entre esta e o terreo circundante. Está construída en formigón sobre o que se colocou un pavimento a base de baldosas táctiles prefabricadas de formigón (norma UNE-EN 1339:2004) de cor vermella.

En canto ó pavimento continuo absorvedor de impactos, creouse in situ mediante a aplicación de dúas capas: unha capa base consistente nunha mestura de SBR (granulos de caucho de 2 a 4 mm. de tamaño, procedentes da trituración de neumáticos fóra de uso) con resina, cuxo espesor depende da altura máxima de caída indicada para cada xogo polo seu fabricante (entre 2 e 7 cm.); sobre esta aplicouse unha capa de acabado mediante mestura de EPDM (gran de caucho de 1 a 4 mm. de tamaño pretatados segundo cor demandado) con resina, de espesor mínimo 1 cm., en cor avermellada, idéntico ó da antiga zona de xogos. Todo iso, segundo norma UNE-EN 1177:2018 AC:2019.

Para rematar, o céspede artificial de fibras de polietileno e polipropileno con altura de fío 25 mm., foi instalado a través de rolos estendidos, pegados con cola e cinta de 25 cm. de anchura, esparciendo sobre o mesmo, para o seu asento e lastrado, area de sílice natural, lavada e secada, de granulometría de 0,2 a 0,5 mm. 

  1. Xardinería

Consistiu na reforma do parterre que se afecta parcialmente, de modo que completouse o seu borde exterior co adoquín reservado inicialmente, estendéndose o sustrato vexetal e reinstalándose o sistema de rego.

  1. Equipamento e mobiliario

Instaláronse os elementos do mobiliario público, tanto os retirados ó comezo da obra (papeleras, bancos, fonte,…) como os novos que se subministraron (bancos).

Completouse a valla de seguridade ó longo do novo perímetro xerado coa ampliación do parque infantil, aproveitando para iso o tramo retirado ó comezo da obra e incluíndo o subministro de nova valla ata completar o perímetro, sendo do mesmo modelo que a valla existente.

Ademais da anterior, e malia que unha vez posto en servizo a área de xogos se prohibe a entrada a ela de bicicletas, motocicletas, patinetes,…, co fin de impedir a introdución dalgún destes vehículos no recinto, instalouse a modo de barreira no acceso á área de xogos, por fóra da súa liña de pechadura, un tramo de valla igual á anterior do perímetro, paralela a este a unha distancia de 2 metros e cuxo largo supera ó do acceso (4 de metros) en 0,5 metros por cada un dos seus extremos.

De igual forma, co fin de evitar a irrupción de persoas ao área de influencia da traxectoria da tirolina instalada, colocouse unha valla de separación entre esta e o resto do área de xogos.

Para rematar, realizouse a montaxe e instalación dos elementos de xogo, tanto dos previamente retirados da actual área de xogos, como dos novos para a zona de ampliación, segundo normas técnicas do fabricante. As características dos xogos son as seguintes:

  • 4 paneis inclusivos (incluíndo postes para apoio) fabricados en panel laminado de alta presión (HPL), de 64×70,2 cm. y de 10 mm. de espesor
  • 2 columpios de 2 asentos cada un e dimensións: 400x1750x 270 cm.
  • 4 asentos para columpio (2 planos, 1 de seguridade e 1 inclusivo con arnés).
  • 1 Saltador de dimensións mínimas 175×175 cm.
  • 1 Tirolina (incluíndo estrutura elevada a situar en punto de saída) de dimensións: 300x 326×350 cm. Estará formada por dous caballetes que irán conectados por un cable de aceiro, do que colgará un asento neumático, unido mediante unha cadea con rodamento especial-polea, para o desprazamento dun extremo ó outro do xogo.
  • Substitución do antigo xogo-areeiro por un novo xogo inclusivo para nenos e nenas a partir dun ano de idade de 12×8 m. Esta foi unha mellora ofertada pola empresa adxudicataria.
  • 1 Xogo inclusivo múltiple: accesible e inclusivo, estará composto por variadas actividades en forma de circuito e terá unhas dimensións aproximadas de 1000x900x250 cm. Os elementos que o compoñerán son:
  • Torres activas.
  • 2 tobogáns, con alturas diferentes.
  • Paneis de xogo inclusivos.
  • Xogo de trapecio, accesible desde cadeira de rodas e composto por dúas cordas que suxeitan unha barra metálica antideslizante.
  • Barra metálica ondulada con anillas, situada entre dous postes estructurais accesible con curvas para facer un percorrido cunha anilla interior sen tocar a barra.
  • Barra xiratoria, de altura aproximada 220 cm. con curva central que a fai sinuosa e 4 apoios circulares intermedios onde poder sentarse para xirar arredor da mesma.
  • Trepa recta de barras metálicas rectas.
  • Trepas de rede: 1 horizontal, 1 vertical pequena entre postes e 1 grande de unión de torres. Compostas por cordas entrelazadas entre sí, formando rede horizontal.
  • Ponte móbil que une dúas plataformas a distintas alturas mediante peldaños unidos con cordas entre sí e a unha baranda superior de madeira.
  • Xogo de anillas formado por dúas cordas reforzadas de aceiro, con protección en parte inferior de plástico.
  • Bancos e asentos.
  • Sistema de trepa tipo rocódromo.
  1. Acondicionamento de fonte ornamental

Os traballos consistiron na reparación e impermeabilización do vaso; instalación de sistema de enchido e recirculación do auga, con bombeo e senllos equipos de filtrado e dosificación; e sistemas de baleirado e desagüe.

Desta forma, empezouse por retirar os equipos antigos instalados na fonte a substituír (sistemas de enchido e baleirado, tobeiras,…). Acometéronse traballos de albañilería para pasar as tuberías e conducións dos novos equipos e efectuouse e a reparación estructural e o selado da fonte, mediante a aplicación dun mortero de reparación e de produto impermeabilizante do seu interior.

Para o sistema de bombeo, filtrado e dosificación, instaláronse tuberías de impulsión e retorno, así como unha arqueta de 100x100x100 cm., con tapa de fundición clase B-125, onde se dispuxeron devanditos equipos, e conectouse á rede de abastecemento.

Os equipos instalados foron. bomba centrífuga modelo Bose de 3/4CV; filtro laminado con fibra de vidro de 430 mm. con válvula selectora de 11/2”, incluíndo sacos de area de sílice para filtro de 100 Kg.; equipo de control e dosificación do PH, con sensor e porta sondas, así como kit de instalación; equipo de control e dosificación de Cloro-Redox con sensor e porta sondas, así como kit de instalación; e, para rematar, cadro eléctrico de control e protección de equipos, térmico e diferencial, con reloxo astronómico con aceso de auga programado e fonte de alimentación para manobra e control dos equipos de dosificación e depuración.

De igual forma, instaláronse as novas conducións para o baleirado e rebosadero do vaso, que se conectaron a tuberías exteriores de canalización de saneamiento.

  1. Rede de abastecementos e rego

Consistiu en adecuar as redes de abastecemento e rego á situación final do parque trala ampliación da área de xogos e a remodelación da zona axardinada.

Para iso, creouse unha canalización enterrada en gabia de 60 cm. de profundidade e 40 cm. de ancho, con tubería de polietileno de alta densidade PE100, de 40 mm. de diámetro nominal e banda de señalización; que vai desde arqueta principal existente en extremo nororeste da actual área de xogos, xunto ó acceso de adoquín, ata arquetas finais de consumo (fonte-bebedoiro, rego parterre e fonte ornamental) e boca de rego, instalando: 5 arquetas de paso e conexión, de obra de fábrica, con tapa de fundición 40×40 cm. clase B-125; e unha boca de rego, entrada brida DN 40 mm. /PN 16 e saída racor “Barcelona” 45 mm.s/UNE23400, con corpo en fundición nodular e protección anticorrosiva, do mesmo xeito que arqueta e tapa.

  1. Rede de saneamento

Consistiu en adecuar a rede de recollida de augas á situación final do parque trala ampliación da área de xogos e a remodelación da zona axardinada.

Para a evacuación das augas sobrantes da fonte-bebedoiro recolocada na súa nova situación, construiuse a pé desta e axustado á saída do o seu vaso, un sumidoiro de 40×40 cm. e 50 cm. de profundidade, formado por arqueta registrable de 35×35 cm. e rexilla de fundición de 40×40 cm. clase C-250; que se conectará mediante un tubo de PVC 200 mm SN4 cor teza, enterrado en gabia, á canaleta de desagüe existente no medio de solado de granito da rúa central do Xardín da Compañía.

Doutra banda, dotouse á fonte ornamental do Parque da Compañía dunha nova canalización para a evacuación das augas procedentes dos novos sistemas de baleirado e rebosadero. Para o baleirado instalouse un tubo de PVC 90 mm SN4 cor teza que conecta o novo punto de desagüe que se creou no seu vaso coa canaleta existente a pé de fonte e que atravesa polo seu eixe central o solado de granito. Á súa vez, instalouse outro tubo de PVC, neste caso de 40 mm, entre a saída do tubo rebosadero do que dispón a fonte e a mesma canaleta.

  1. Rede de alumeado público

Consistiu en adecuar a rede de alumado á situación final do parque trala ampliación da área de xogos e a remodelación da zona axardinada.

Para iso, colocáronse dúas columnas para apoio de proxector, sendo unha destas a retirada na fase de actuacións previas. Incluiron cimentación (0,80 x 0,80 x 1,00 m) e arqueta a pé, con tapa de fundición B-125; ademais, no caso da nova a subministrar, incluiu proxector LED e soporte, de características mínimas IP-66, IK-09; dotada de LED de 120 W de potencia nominal, 15.000 lúmenes, 4.000 K, IRC > 80, con protección contra sobretensión de tipo 3 segundo definición de norma UNE-EN 61643-11, conexión con rede de terra existente (Clase I), incluíndo p.p. de accesorios de instalación, montaxe de luminarias e conexionado eléctrico e mecánico.

Substituíndo a anterior condución, creouse unha canalización enterrada en gabia de 70 cm. de profundidade e 30 cm. de ancho, con dous tubos vermellos, de diámetro 90 mm. e banda de sinalización, que vai desde arqueta de conexión existente ata arquetas contiguas ás columnas; dotado de condutor de cobre con illamento 0,6/1 kV para redes enterradas de baixa tensión, de 6 mm2 de sección, designación RV-K 4 x 6 mm2 0,6/1 kV TT 16 mm2, incluíndo condutor de terra, de 16 mm2, de cobre, con illamento 0,6/1 kV.

Inclúense, así mesmo, traballos previos de desconexión a rede eléctrica de alumado e posterior conexión á mesma, así como material auxiliar a empregar nestes traballos (fixacións, empalmes, conexións,…).