Os Escolapios, meta de La Vuelta

  • Monforte presenta o final da 19ª etapa de La Vuelta, coa liña de meta diante dos Escolapios
  • O Alcalde, José Tomé Roca, e o Director de La Vuelta, Javier Guillén, deron a coñecer onte os pormenores da que será a antepenúltima etapa da edición número 76 de La Vuelta Ciclista a España, que se celebrará o vernes 3 de setembro, con saída en Tapia (Asturias) e con chegada a Monforte de Lemos.
  • O rexedor monfortino tamén desvelou o percorrido que seguirán os ciclistas á súa chegada a Monforte, percorrido que atravesará algunhas das principais rúas da cidade, ubicándose a liña de meta diante dos Escolapios
  • O Alcalde destacou que “el potencial de audiencia de la Vuelta Ciclista a España será un escenario inmejorable para acercar al mundo la riqueza paisajística y cultural de Monforte y de toda la Ribeira Sacra”
  • Pola súa banda o Director de la Vuelta, Javier Guillén destacou que “la estética y la historia de Monforte, una de las joyas del patrimonio no solo gallego, sino también de España y del mundo entero, merece la pena que sea final de etapa”, salientando que “la etapa será vista en 190 países, llegando a una audiencia real de 400 millones de espectadores”
Alcalde de Monforte (José Tomé) e o Director de la Vuelta (Javier Guillén)

 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o Director de La Vuelta Ciclista a España, Javier Guillén, deron a coñecer onte, a través dunha rolda de prensa celebrada no Concello, os pormenores da que será a antepenúltima etapa (a nº 19) da edición número 76 de La Vuelta Ciclista a España, que se celebrará o vernes 3 de setembro, con saída en Tapia (Asturias) e con chegada final a Monforte de Lemos.

Na presentación, o rexedor municipal agradeceu ó Director de La Vuelta “su disposición e interés por traer un final de etapa a Monforte” e manifestou seu orgullo como Alcalde, en nome de todos os monfortinos “por el hecho de acoger una de las pruebas deportivas más importantes y con un número de seguidores tan elevado en todo el mundo, que sin duda posicionará a Monforte de Lemos y a la Ribeira Sacra ante los millones de espectadores que siguen este evento”.

Neste senso, o Alcalde recordou que esta é a segunda vez que La Vuelta visitará Monforte de Lemos, xa que a cidade foi saída de etapa no ano 2016. “Un motivo más para sentirnos muy orgullosos de que los responsables de La Vuelta hagan de Monforte ciudad protagonista en esta importante competición ciclista.” 

Descrición da 19 etapa, a antepenúltima de La Vuelta 2021

O Alcalde detallou os pormenores desta 19 etapa, “una etapa de media montaña que esperemos llegue a Monforte cargada de emoción, como lo suelen ser las últimas etapas de este tipo de competiciones, y si es posible, que sea una etapa decisiva en el desenlace de La Vuelta”.

A etapa sairá de Tapia, en Asturias e contará con 191 quilómetros, dos cales 139 quilómetros transcorrerán pola provincia de Lugo, “hecho que, como Presidente de la Diputación de Lugo, también supone para mí una gran satisfacción, pues mostrará gran parte de nuestra provincia antes de la llegada a Monforte”, salientou Tomé Roca.

No seu desenvolvemento, a etapa 19, que é de media montaña, transcorrerá polos portos do Alto da Sela d’Entorcisa, de 3ª categoría e o Alto da Garganta, de 2ª categoría, ambos en Asturias. E tras eles, virá o Alto de Barbeitos, de 2º categoría, xa na provincia de Lugo.

Tras eles, o pelotón entrará por Fonsagrada, pasará por Castroverde e polas proximidades de Lugo, e tomará a LU-652 para transcorrer por Sarria, Bóveda e chegar finalmente a Monforte de Lemos, que será final de etapa. “En este sentido”, subliñou o Alcalde, “quiero destacar que esta será una meta inédita en la Vuelta. Nunca antes Monforte fue final de etapa en esta ronda ciclista.”

De esta forma, Monforte será a terceira localidade diferente da provincia de Lugo que acolle unha meta dunha etapa de La Vuelta, despois de Lugo y Ribadeo.

 

Monforte de Lemos, meta final da 19 etapa

“La llegada a Monforte como final de etapa, supondrá un acontecimiento de primera índole para nuestra ciudad, y necesitaremos del apoyo, colaboración y comprensión de nuestros vecinos, por todo lo que supone que una ciudad como la nuestra acoja el despliegue que en cada final de etapa desenvuelve la organización de La Vuelta”, salientou o rexedor monfortino.

Na súa chegada a Monforte, os ciclistas accederán á cidade por Ribasaltas, transcorrerán pola rúa Morín, e á altura do cruce coa rúa San Pedro, torcerán á dereita para circular pola Rolda María Emilia Casas Baamonde. Na rotonda do Hórreo, torcerán cara á rúa Chantada e percorrerana ata chegar á parada de taxis, onde continuarán recto, pola Avenida de Galicia.

Ó chegar ó cruce coa rúa Celso Emilio Ferreiro, torcerán á dereita, para circular por devandita rúa, e volverán torcer á dereita no cruce coa rúa Escultor Francisco Moure, situándose a liña de meta diante dos Escolapios, á altura da plazuela diante do Bar Cristal.

“Como ven” destacou José Tomé “creo que será un final de etapa digno de esta Vuelta ciclista, con un marco incomparable constituido por la Plaza de La Compañía, y con el telón de fondo el Colegio de Nuestra Señora de la Antigua, el Escorial Gallego, que será donde se ubique el podium para la entrega de trofeos, la zona VIP, la zona permanente, así como el set informativo oficial de La Vuelta”.

Parque Vuelta, Vuelta Junior e outros elementos destacados

O Alcalde tamén explicou que arredor da zona de meta, situaranse outros elementos que acompañan a todos os finais de etapa desta rolda ciclista. Neste senso, o Concello está a traballar, xunto cos organizadores de La Vuelta, para fixar as ubicaciones definitivas do que será o Parque Vuelta, unha zona que acolle atraccións e stands de todo tipo a cargo dos patrocinadores da Volta a España, con probas de produtos, agasallos e degustacións.Este espazo prevese que, si as condicións do Covid-19 o permiten para entón, poida ser aberto para disfrute do público asistente, unha vez finalizada a etapa

Do mesmo xeito, a organización de La Vuelta e o Concello, en colaboración cos centros educativos da cidade, traballan para celebrar a chamada Vuelta Junior, unha competición destinada a un centenar de nenos e nenas que se desenvolve aproximadamente dúas horas antes da chegada dos corredores profesionais á meta.

Nela, o percorrido da proba coincide co último quilómetro da etapa, que será disputado en diferentes categorías polos nenos participantes. E os ganadores tamén contarán cunha entrega de premios propia no podium no que despois estarán os ciclistas profesionais.

O Alcalde tamén apuntou outros aspectos relevantes, como que o aparcamento de Parque dos Condes será destinado na súa totalidade a acoller todos os vehículos que conforman a caravana de La Vuelta Ciclista, e tamén se traballa para acondicionar un lugar especial destinado a acoller a Sala de Prensa que albergará ós máis de 100 periodistas que traballan en La Vuelta, e que tamén estará próxima á zona de meta.

Outro dos aspectos relevantes, será o amplo dispositivo organizativo y de tráfico que se desenvolverá na cidade, dado que o percorrido final transcorrerá por gran parte dela ”un amplísimo dispositivo, en el que los cuerpos y fuerzas de seguridad, serán fundamentales para garantizar el éxito de la etapa” salientou o Alcalde.

José Tomé rematou a súa interverción manifestando o seu convencemento de “que todos los monfortinos y monfortinas nos volcaremos el próximo 3 de septiembre para dar la bienvenida a todos los ciclistas y transmitirles nuestros mejores ánimos; un día que sin duda pasará ya a formar parte de nuestra historia. Porque la llegada de esta decimonovena etapa de La Vuelta a Monforte supondrá también una magnífica oportunidad para que seamos partícipes de valores tan importantes y necesarios que lleva intrínsecos este deporte, como son el compañerismo, la constancia, el esfuerzo y el afán de superación”.

Así, o Alcalde animou “a todas las personas que lo deseen a vivir en primera persona este evento deportivo y a que se acerquen a nuestra ciudad, que está declarada Conjunto Histórico-Artístico. Y además aquí encontrarán una naturaleza de extraordinaria belleza, en la Ribeira Sacra, que esperemos sea declarada Patrimonio de la Humanidad por la UNESCO, en junio”.

“El potencial de audiencia de la Vuelta Ciclista a España será un escenario inmejorable para acercar al mundo la riqueza paisajística y cultural de Monforte y de toda la Ribeira Sacra”, concluíu o Alcalde.

Javier Guillén destaca o potencial de La Vuelta a nivel mundial

O Director de La Vuelta, Javier Guillén, desvelou que a xestación desta etapa tivo lugar no ano 2016, momento en que se celebrou a saída desta rolda ciclista dende Monforte, gracias a “una reunión que mantuve con el Alcalde, en la que le dijimos que la estética y la historia de Monforte, una de las joyas del patrimonio no solo gallego, sino también de España y del mundo entero , merecería la pena que fuese adornada con una llegada”.

Javier Guillén recordó tamén que La Vuelta este ano remata en Galicia, en Santiago de Compostela, por ser ano Santo Xacobeo, e a de Monforte será a primeira das etapas galegas, “una etapa que no me cabe duda que será decisiva, porque tras ella solo quedarán dos para decidir al ganador de la misma”.

O director desta ronda ciclista subliñou que “desde hace varios años, La Vuelta se está sumando a la promoción de la Ribeira Sacra, un lugar que me siento co-partícipe de haberlo  descubierto al resto de España y al mundo gracias a la Vuelta Ciclista a España, y que espero y deseo, que se logre esa candidatura de la Ribeira Sacra a Patrimonio de la Unesco”.

Guillén indicou que a etapa será vista en 190 países que chegan a unha audiencia real de 400 millóns de espectadores, localizados na súa maioría en países de centro Europa (Francia, Alemania, Italia, Luxemburgo, Bélxica, Holanda ou Noruega), países dende os que chega importantes continxentes de turismo a España. Sen esquecer a importancia dos seguidores de todo o continente americano, ou da audiencia crecente en Asia.

Neste senso, o director de La Vuelta tamén salientou que cada etapa move entre 2.500 e 3.000 persoas, “que traerán un retorno económico directo a la ciudad” gracias a las pernoctas.

Do mesmo modo, Guillén manifestou que na edición de este ano

esperamos que la podamos volver a celebrar con normalidad, es decir, con público, para devolverle la ilusión y la alegría a la gente, a través de un deporte que tiene dos claves. Una, el espectador no paga una entrada por verlo por verlo. Y dos, es el evento el que va a verte a ti, a tu ciudad.