Orzamentos Monforte 2021: ascenden a 14.892.364,96 euros e serán eminentemente sociais

  • Os Orzamentos do Concello de Monforte para 2021 serán eminentemente sociais
  • O Alcalde, José Tomé Roca, presentou na mañá de hoxe os Orzamentos Municipais para o ano 2021, que ascenden a 14.892.364,96 euros, fronte ós 13.603.301,64 euros do ano 2020
  • Esta cifra supón un incremento de 1.289.063,32 euros, con respecto ó ano 2020, o que representa un 9,48% máis

Son uns presupostos claramente sociais pensados para dar un mellor servizo a tódolos veciños de Monforte, e manteñen as liñas xerais de anos anteriores, nos que procuramos reducir o máximo o gasto corrente para atender outras áreas de gasto que para nos son prioritarias como son a atención as persoas, a mellora da cidade, o deporte, a cultura ou o medio ambiente,

destacou o Alcalde na súa intervención

 

O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, deu a coñecer na mañá de hoxe os Orzamentos Municipais para o ano 2021, destacando que “hoxe presentamos este sexto orzamento, cumprindo o noso compromiso cos monfortinos de que elaborariamos o presuposto dentro de cada ano natural, deixando atrás os retrasos de varios meses que se viñan producindo o que convertían o orzamento nun documento pouco útil.”

O rexedor municipal engadiu que “nos últimos 26 anos, non houbo ningún período de tempo no que se presentaran durante 6 anos seguidos o orzamento en tempo e forma, dentro de cada ano natural para que entren en vigor a principios do ano seguinte, o que demostra a seriedade e a boa xestión feita por este Equipo de Goberno”.

Deste xeito, os Orzamentos do Concello de Monforte para 2021 ascenden a 14.892.364,96 euros, fronte ós 13.603.301,64 euros do ano 2020. Esta cifra supón un incremento de 1.289.063,32 euros, con respecto ó ano 2020, o que representa un 9,48% máis.

Os fondos deste incremento proceden basicamente de transferencias da Deputación de Lugo, manténdose na mesma liña a participación nos Tributos do Estado, mentres que os Fondos de Cooperación cos Concellos da Xunta de Galicia non aumentaron en absoluto para este ano 2021, sendo o importe igual ou inferior que no ano 2020. Parece evidente que o Goberno da Xunta de Galicia non ten intención de axudar a Monforte, xa que ademais nos seus orzamentos baixaron en 4,5 millóns de euros os fondos para Cooperación Local cos Concellos”, salientou Tomé Roca.

Desglose por Capítulos

O Capítulo 1 destes orzamentos corresponde ó persoal, e neste senso, baixa o gasto en 36.027,25 euros, un 0,8%, debido a xubilacións con soldos importantes e, nalgún caso, xa non se cubren, e noutros, o persoal eventual que substitúe non percibe antigüidade, polo cal hai menos gasto, sendo a partida total para o 2021 de 4.466.716,73 euros.

Ademais, en 2020, había unha previsión de incremento salarial do 2%, cando a realidade foi algo menos, en relación coa masa salarial, e para o vindeiro ano, os Orzamentos do Estado prevén un incremento do 0,9%, polo que a previsión resultante é máis baixa que en 2020.

No Capítulo 2, correspondente ó gasto corrente, increméntase en 746.844,36 €, o que representa un incremento do 10,70%, debido basicamente ó custe da piscina municipal, ó incremento de axuda no fogar, a limpezas e desinfeccións motivadas polo Covid-19, e pola compra de material para facer fronte a esta pandemia, así como en previsión de adquisición de novo material segundo evolucione a pandemia en 2021. A partida total neste capítulo 2 é de 7.725.600,34 euros.

“O gasto corrente non imputable a estas obrigas, baixa en relación a anos anteriores, debido á xestión rigorosa que vimos facendo dende o Equipo de Goberno” sinalou o Alcalde.

No Capítulo 4, relativo a subvencións e transferencias, redúcese en 96.750,72 euros, o que significa unha redución de 8,59%, e isto é debido a que gastos que antes estaban no Capítulo 4 agora pasan ó Capítulo 2, como poden ser os gastos da Piscina, que antes se facían por transferencias, e agora sufráganse a través de factura, para cubrir un servizo que presta unha empresa pública con medio propio, como é TRAGSA. Así, a partida total para este capítulo 4 é de 1.029.423,27 euros.

No referido ó Capítulo 6, que recolle as inversións, o Alcalde destacou que “merece unha mención especial posto que para o ano 2021 incrementarase en 910.352,20 euros, o que representa nada máis e nada menos que unha subida do 153,07 % do investimento de inversión, cunha partida para 2021 de 1.505.100 euros. Isto demostra o compromiso deste Alcalde e deste Equipo de Goberno de seguir transformando Monforte, facendo obras que melloran o conxunto do Concello, tanto na zona urbana como na zona rural”.

No mesmo senso, Tomé Roca sinalou que “ete Alcalde e o seu Equipo de Goberno, cando anuncian unha obra, tarda moi pouco tempo en converterse en realidade porque, ou ben está conveniada, ou ben está en contratación ou ben está contratada e a piques de iniciarse as obras. Dende que este Equipo de Goberno está á fronte do Concello, os anuncios son realidades e non como en etapas anteriores. Agora si, o que se compromete cúmprese, facendo inversións en todos os barrios e en todas as parroquias”.

No Capítulo 7, referente a transferencias de capital a administracións, redúcese en 235.221,48 euros, debido a que baixa a aportación que o Concello ten que facer con cargo ó convenio de saneamento asinado coa CHMS e a Deputación de Lugo, que se está executando nestes momentos na rúa Chantada, entre outras. Isto é debido a que no 2020 a aportación do Concello foi de 382.746,11 euros, e o Concello en 2021 ten que aportar 153.524,63 euros a este Capítulo 7, o que supón un descenso do 60,51%.

En resumo, o Orzamento do Concello para 2021 ascende a 14.892.364,96 euros, fronte ós 13.603.301,64 euros do ano 2020.

Deste xeito, o Orzamento para 2021 aumenta en 1.289.063,32 euros, o que representa un incremento de preto dun 10%, en concreto un 9,48 %.

Débeda cero

O Alcalde continuou a súa intervención salientando un dato “que para nós e moi relevante e que non pode deixarse de mencionar, e é que este Concello continúa con DÉBEDA CERO e sen previsións de ningún préstamo, e a pesar disto, temos un nivel de investimento moi alto para poder financiar as obras que vimos realizando”.

“Polo tanto, os monfortinos e monfortinas empezaremos o ano 2021, tal e como fixemos no ano 2020, libres de débedas no Concello, sendo un dos poucos concellos de España onde os seus cidadáns non teñen débeda pública”.

Outros aspectos significativos dos Orzamentos

Cabe destacar que nos Orzamentos Municipais para o 2021, séguese mantendo a redución da taxa do Cemiterio nun 50%, o que resulta moi positivo sobre todo para as persoas maiores, que son as que maioritariamente teñen ó seu nome os nichos, e polo tanto son as que maioritariamente pagan a taxa do Cemiterio.

Prodúcese un aumento do gasto social, pasando en axuda a domicilio de 1.286.255,68 euros a 1.400.000 euros, o que representa un incremento de 113.744,40 euros, case un 9% (8,84%) máis que o ano pasado, a fin de atender ás persoas en situación de vulnerabilidade e prestarlles así un servizo de calidade e unha mellor atención a todos eles.

Na partida de emerxencias sociais, consolídase o importante incremento levado a cabo no ano anterior, que é de 50.000 euros.

Ademais, mantéñense todas as demais partidas para actividades que se desenvolvan no Centro Cívico e nas distintas parroquias, por importe de 89.000 euros.

Increméntase a partida correspondente á adquisición de libros-becas, pasando de 18.000 euros en 2020, a 20.000 euros en 2021, cun incremento do 11,11%, co obxectivo de atender ás necesidades de familias con nenos e nenas que non poden adquirir o material escolar necesario para a súa actividade educativa.

Tamén aumenta a partida destinada ó bus universitario para estudantes universitarios e de ciclos formativos en 6.000 euros, un aumento moi significativo, pasando de 14.000 a 20.000 euros, cun incremento de case o 43% (42,86%). Con esta maior dotación, o Concello axuda a sufragar os gastos das viaxes que os estudantes monfortinos realizan fora da cidade.

Do mesmo xeito, mantense a partida destinada a asociacións sociais, en 12.000 euros, para axudarlles nas súas actividades.

“Con eses datos, queda claro o compromiso social deste Goberno Municipal, o que demostra que este Alcalde e este Equipo de Goberno temos unha preocupación máis social que en etapas anteriores, explicitada nestes orzamentos que é onde hai que demostralo con recursos”, destacou o rexedor monfortino.

Por outra banda, consolídase o incremento que se fixo no ano 2020 para a creación neta de emprego que leven a cabo as empresas e os autónomos. Esta contía é de 30.000 euros, que xunto coas importantes bonificacións incorporadas por este Alcalde no ICIO, IBI e IAE para a creación de emprego, demostran o compromiso do equipo de Goberno co emprego.

En Deportes, seguen manténdose as axudas, despois de que fosen duplicadas no pasado mandato. “Seguimos mantendo polo tanto o compromiso cos clubs, co deporte de base, coa actividade física e saudable, e cos deportistas individuais”. Neste último caso, o dos deportistas individuais, hai que dicir que se consolida o incremento levado a cabo en 2020, no que se pasou de 5.000 a 7.000 euros.

En concreto, as subvencións nominativas que se destinan a entidades deportivas, e que suman un total de 109.352,50 euros son as seguintes:

               -CLUB XIMNASIA RÍTMICA QUICELA………………3.500 €

                       -CLUB NATACIÓN MONFORTE………………………8.000 €

                       -A.D. A GÁNDARA…………………………………………2.400 €

-SOCIEDADE VAL DE LEMOS CAZA E PESC……….1.500 €

-CLUB BALONCESTO VAL DE LEMOS……………….7.300 €

-CLUB TAEKWONDO NEKA MONFORTE…………3.000 €

-CLUB LEMOS…………………………………………..17.500 €

-CLUB QUIXÓS……………………………………………5.500 €

-C.P. CALASANCIO……………………………………..15.700 €

-A.D. PONTE VELLA……………………………………962,50 €

-CLUB PESCA MONFORTE…………………………….1.100 €

-ASOC. DEPORTIVA SOC. RÍO CABE……………….1.700 €

-A.D. COLEXO FERROVIARIO……………………………800 €

-A.D. ESCOLAPIOS………………………………………….800 €

-A.D. TORRE DE LEMOS………………………………….800 €

-CLUB FLUVIAL……………………………………………….800 €

-A.D. VETERÁNS…………………………………………..1.600 €

-A.D. CASTELAO…………………………………………..1.300 €

-CLUB DE FUTBOL MONFORTE……………………..8.700 €

-SOC. COLOMBÓFILA AIRES DE LEMOS……….437,50 €

-CLUB BILLAR TEMPLARIOS……………………………540 €

-CLUB DE TENIS CUATRO VIENTOS…………………525 €

-C.V RIBEIRA SACRA MONFORTE………………..10.500 €

-CASTELO BIKE CLUB…………………………………962,50 €

-C.C. TORRE SAN VICENTE MONFORTE……….962,50 €

-CLUB CICLISTA MONFORTE……………………….962,50 €

-CLUB KORBIS……………………………………………8.000 €

-CLUB DE TIRO OLIMPICO RIO CABE……………….400 €

-CLUB DE PESCA RIO CABE………………………….1.100 €

-CLUB XIMNASIA RÍTMICA QUENDRA…………..2.000 €

Na área de Cultura, aumenta o orzamento debido á adquisición e mantemento de 2 motores do trust do Edificio Multiusos. É necesario recordar que a esta estrutura xa lle foron cambiados outros motores, ascendendo o seu importe a aproximadamente 40.000 euros o que, sumando a partida deste ano e a do ano que ven, ascenderá a un total duns 50.000 euros, co obxectivo de dotar a este espazo, que alberga tanto actuacións teatrais, como musicais e culturais de todo tipo, dunha tecnoloxía axeitada e moderna acorde co uso para o que está destinada.

Polo que respecta a outras entidades, mantéñense as axudas nominativas que se viñeron concedendo, engadíndose en 2021, dúas novas entidades que recibirán axudas con carácter excepcional, como son o Casino Ateneo e o Círculo Victoria para realizar melloras nos seus locais sociais. Neste apartado destínase un total de 64.000 euros en axudas:

                 -CCU………………………………………………10.000 €

                      -CLARISAS……………………………………….. 3.000 €

-NAUFRAGOS DO PARADISO………………. 4.000 €

                      -FANCINE DE LEMOS………………………….. 3.500 €

                      -CINE CLUB A CALEXA………………………… 1.500 €

                      -MUSEO DO FERROCARRIL…………………. 8.000 €

                      -CARITAS ………………………………………….5.000 €

                      -CRUZ VERMELLA……………………………. 2.000 €

                      -ASC. PRACEIROS…………………………….. 2.000 €

                      -ASOC. HOSTALEIROS………………………. 2.500 €

                      -MUSEO CASA DAS MUÑECAS.……………2.000 €

                      -RALLY DAKAR……………………………………5.000 €

                      – CORAL DE RENFE……………………………..1.500 €

                      -CARUDE ROCK………………………………….4.000 €

                      -CASINO ATENEO…………………………….5.000 €

                      -CÍRCULO VICTORIA………………………….5.000€

 

“En definitiva”, concluíu o Alcalde, “son uns bos orzamentos que manteñen as liñas xerais de anos anteriores procurando reducir o máximo o gasto corrente para atender outras áreas de gasto que para nos son prioritarias como son a atención as persoas, a mellora da cidade, o deporte, a cultura ou o medio ambiente”.

“Como se pode ver, son uns presupostos claramente sociais pensados para dar un  mellor servizo a tódolos veciños de Monforte, e  por todo isto, esperamos que o resto dos grupos municipais tamén apoien co seu voto este orzamento que levaremos o Pleno do vindeiro luns 30 de novembro, un orzamento que é bo para Monforte.”

CADRO RESUMO ORZAMENTOS MONFORTE 2021

 

 

CAPITULO 1

CAPITULO 2

CAPITULO 3

CAPITULO 4

CAPITULO 6

CAPITULO 7

CAPITULO 8

ORZ 2021

4.466.716,73

7.725.600,34

6.000,00

1.029.423,27

1.505.100,00

153.524,63

6.000,00

ORZ 2020

4.502.743,98

6.978.755,98

6.133,80

1.126.173,99

594.747,80

388.746,11

6.000,00

DIFERENCIA

-36.027,25

746.844,36

-133,8

-96.750,72

910.352,20

-235.221,48

0

 

-0,80%

10,70%

-2,18%

-8,59%

153,07%

-60,51%

0,00%

 

Orzamentos 2021: 14.892.364,96 euros.

Orzamentos 2020:  13.603.301,64 euros.