CARTEL EXPOSICIÓN TEARES 2014-2015

 

O Obradoiro de Teares do Centro de Cultura Popular “Xaquín Lorenzo” da Deputación de Ourense inaugura o vindeiro luns, 15 de xuño, ás 19.00 horas, a súa exposición nas instalacións situadas no centro comercial “As Lagoas”, unha mostra que poderá ser visitada de luns a venres, dende o día 15 até o 30 de xuño, en horario de mañá e tarde.

A exposición está composta por diferentes pezas elaboradas polos máis de 50 alumnos que tivo o obradoiro neste curso, no que se impartiu formación para a utilización dun tear tradicional, aspectos referidos aos tecidos tradicionais (o liño e a la) e tecidos modernos, e formación sobre as diferentes variedades de puntos e a súa elaboración no tear: teas finas, deseño de tapices e alfombras e elaboración de roupa do fogar. Para máis información:  teléfono 988317880.