O presidente provincial acompañou hoxe, xunto co presidente da Xunta de Galicia, á ministra de Fomento na súa visita ás obras do AVE, na Gudiña

Vista ás obras do AVE na Gudiña

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañou hoxe, xunto co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e outras autoridades, á ministra de Fomento, Ana Pastor, na súa visita ás obras do AVE ao seu paso pola Gudiña.

O presidente provincial amosou a súa satisfacción porque Ourense “volva ser en 2015 a provincia de España que recibirá máis investimentos –case 600 millóns de euros para a Liña de Alta Velocidade-, e agradeceu este esforzo investidor do executivo de Mariano Rajoy nus momentos difíciles, engadindo: “Ana Pastor cumpre: fala no BOE, que é onde falan os gobernos”.

En total, a provincia de Ourense recibirá en 2015 un investimento do Estado de 643,3 millóns de euros, cifra superior á do ano pasado, cando o investimento consignado foi de 610,89 millóns. Manuel Baltar considera que son uns orzamentos “con nomes e apelidos, que contribúen a poñer en valor os proxectos propios de Ourense».

O investimento de Fomento na provincia de Ourense ascende a 605 millóns de euros (un 2,4% máis que o ano pasado) e dentro dela hai que subliñar os investimentos en Alta Velocidade para a liña Lubián-Ourense, para a que se consignan 578,16 millóns de euros dentro da partida de Adif para a alta velocidade.

Noa súa visita, Ana Pastor comprobou o avance das obras no tramo comprendido entre Lubián (Zamora) e Ourense, de 100 quilómetros de lonxitude e percorreu o traxecto entre Vilariño de Conso e Vilavella. Os Presupostos Xerais do Estado para 2015 contemplan un investimento de máis de 890 millóns de euros para o eixe Olmedo-Lubián-Ourense-Vigo, o que proporcionará un importante impulso ao desenvolvemento das obras da Liña da Alta Velocidade, que chegará a Zamora en 2015, estando prevista a entrada en servizo do resto da conexión con Galicia para o ano 2018.

También te podría gustar...