O número de mulleres que ocupan na Xunta postos de alta responsabilidade iguálase por primeira vez ao de homes

xunta de galicia

O número de mulleres que ocupan cargos de alta responsabilidade na Xunta de Galicia conseguiu neste ano, igualarse por primeira vez aos ocupados por homes, o que supón un avance significativo xa que ata este momento, a presenza de mulleres neste tipo de postos era baixa.

Segundo os datos da Dirección Xeral da Función Pública, o número total de postos de alta responsabilidade na Administración Xeral e Especial é de 851, dos que 423 están ocupados por mulleres e 428 por homes.

No ámbito da Administración Xeral, un total de 163 persoas ocupan postos nas Subdireccións, das que 90 son mulleres e 73 homes. Con respecto a Xefaturas de Servizo, o número de mulleres (269) tamén supera de maneira notable ao de homes (208).

Pola contra, na Administración Especial o número de homes segue a ser aínda superior ao de mulleres tanto na área das Subdireccións como nas Xefaturas de Servizo.

Dende hai anos a presenza da muller xa é maioritaria na Administración Autonómica; de feito, o 69% do total de efectivos públicos da Xunta son mulleres, incluídos os ámbitos da educación e sanitario.

También te podría gustar...